CAMELIAS MASCOTAS

Únete á loita contra o cancro de mama na VI Vigo Contra el Cáncer

Unha nova edición da carreira Vigo Contra el Cáncer terá lugar o próximo domingo 21 de outubro con comezo na explanada de Coia, na Avenida de Castelao. Haberá dúas modalidades, de 5 e 10km, e todos os beneficios irán destinados a unha investigación contra o cancro e para realizar actividades cos nenos de Oncología do Hospital Álvaro Cunqueiro.

O próximo domingo 21 de outubro poderás participar na VI Carreira Vigo Contra el Cáncer, unha proba deportiva benéfica incluída no programa municipal de carreiras populares RUN RUN VIGO. Nesta 6ª edición, como novidade e a causa das obras de humanización nos Volcáns, a “zona base” da carreira estará situada na explanda de Coia, onde habitualmente se celebran as festas do barrio.

Existen dúas modalidades: unha de 5 km, non competitiva, que se pode facer tanto correndo como camiñando; e outra de 10 km, cronometrada e con premios aos vencedores. O percorrido sairá e rematará na Avenida de Castelao, pasando polas rúas Porriño, Padre Seixas, Florida e Avenida de Citroën. Para a primeira modalidade será unha volta, mentres que na segunda haberá que facer dous veces este circuito. Existirá tamén unha proba adaptada na que participará a asociación Discamino, que sairá 15 minutos antes que o resto. Ademais das carreiras, haberá outras actividades como zumba ou body combat.

REVISTA NOVEMBRO

O prezo por participante é de 12€ na de 10 km e na proba adaptada e de 8€ na de 5 km. Como é habitual neste tipo de probas, existe un dorsal 0 ou solidario para as persoas que queiran colaborar pero non poidan acudir á carreira. Poderás inscribirte na planta de deportes de El Corte Inglés, que colabora por pimeira vez neste acto, ou pinchando no seguinte enlace. Desde a organización agardan como mínimo alcanzar a cifra do ano pasado, que rondou os 4000 participantes.

Este ano, o 90% dos beneficios irán destinados a financiar un proxecto de investigación contra o cancro de mama. En concreto, o beneficiario será BREOGÁN, o acrónimo do Consorcio Galego do Cancro de Mama, co seu proxecto BRIDGES, cuxo obxectivo principal é realizar un estudo a 50.000 mulleres co fin de identificar ás persoas con alto risco de padecer este tipo de enfermidade e desta forma facilitar o seu tratamento. O 10% restante dos fondos irán destinados a realizar actividades cos nenos e nenas de Oncoloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro.

O día 21 de outubro estarán en Coia os encargados deste proxecto, buscando voluntarios e divulgando o seu traballo, ademais de transladar á cidadanía recomendacións e hábitos de vida saludables.

(GMT+01:00) Pavillón Municipal de Coia