VIALIA
bannerPicnicSesions

Vigo únese para loitar contra o cancro infantil

O sábado celebrouse a III Gala Nico Contra el Cáncer, un espectáculo solidario no que non faltou música, humor, moda e teatro. O diñeiro recadado destinase a investigación de cancro pediátrico.

O pase de diapositivas require JavaScript.

REVISTA ABRIL

Esta fin de semana os vigueses e viguesas encheron o Teatro García Barbón en solidariedade cos nenos que sofren cancro. A III Gala Nico Contra o Cancro foi un evento cheo de emoción. Un dos momentos álxidos da tarde, viviuse ao ver ao pequeno Nico desfilar coma un profesional da moda.

O acto, coordinado polo estilista Óscar Novo, foi presentado pola televisiva Carlota Corredera. A moda de calidade estivo moi presente cos desfiles de Patricia Avendaño, Cristóbal Vidal, Manuel Pampillón e Reme Espantoso. Tamén houbo música en directo a cargo de La Plazuela e Montse Sabugueiro e as actuacións da cantante Rosa Cedrón, o bailarín David Pereira e a actriz Genma Pardo. Ademais, subiu ao escenario do Teatro Afundación Diana Nogueira que actúou a modo de invitada especial.

Nico contra o cancro infantil é un movemento dependente da Asociación NEN creado pola nai e as tías de Nico, un bebé ourensán a quen con 9 meses diagnosticóuselle un neoroblastoma. Con accións como esta, converteuse nun abandeirado da loita contra o cancro infantil. Toda a recadación do evento ira destinada integramente a financiar proxectos de investigación de cancro infantil.

The following two tabs change content below.
Yago Iglesias é fotógrafo de vodas. Como el mesmo di leva a fotografía no sangue, pois vénlle de familia. É a segunda xeración de fotógrafos na súa familia e actualmente leva un estudio fotográfico en Vigo.

Últimos posts de Yago Iglesias (ver todos)