Unha Semana Santa para os máis pequenos
Os máis pequenos tamén queren desfrutar da Semana Santa como se merecen, por iso os museos, librarías e centros comerciais de Vigo xa preparan numerosas actividades e espectáculos para pasar un bo rato en familia nestes días de vacacións. Para que non perdas nada, aquí tes todas as actividades, e para máis información non dubides en visitar a nosa axenda.
Mércores 13 de abril
- ‘A vida no castro’: Descubre a cultura castrexa a través da arqueoloxía en familia, ás 11:15h no Museo do Mar.
- ‘Un paseo polo museo do mar’: visita guiada polo Museo do Mar ás 17h, actividade en familia sobre a importancia do mar como recurso natural.
- Naturnova: Visita o museo interactivo de 17:30h a 20:30h.
Venres 15 de abril
- O Paiaso Popin: Espectáculo no que os máis pequenos non se cansarán de rir, ás 18:30h no CC. A Laxe.
Sábado 16 de abril
- ‘A vida no castro’: Descubre a cultura castrexa a través da arqueoloxía en familia, ás 11:15h no Museo do Mar.
- ‘A arte de construír’: Todos os sábados, obradoiro familiar no Museo do Mar ás 11:15h.
- Os fogóns de Apicius: Visita ao Centro Arqueolóxico de Areal ‘Salinae’. Visita guiada ás 12h.
- ‘Abordaxe pirata’: Espectáculo da compañía Barafunda no CC. A Laxe ás 12:30h.
- Teatro Infantil: A compañía Caramuxo presentará a súa obra ‘Feo’, será ás 17:30h no CC. Vialia.
- ‘El buque de los cuentos’: Nova sesión de lectura co conto ‘Visibles’ na Casa del Libro ás 18h e ás 19h.
Domingo 17 de abril
- ‘Un paseo polo museo do mar’: visita guiada polo Museo do Mar ás 11:15h, actividade en familia sobre a importancia do mar como recurso natural.