bannerEspazoFest
Banner Sin Sal

O Marisquiño Kids: skate, BMX, break e basket para os máis pequenos

A XX edición de O Marisquiño arrincará o venres 6 de agosto coa celebración dun “Family Day”, que inclúe talleres de formación para nenos e mozos nas modalidades de Skate, BMX, Break-Dance e Basket 3×3, todas elas integradas no programa competitivo do festival que se desenvolverá durante a fin de semana. As actividades serán gratuítas e impartidos por monitores profesionais.

Obradoiro de break dance durante a edición do ano 2018 | P. Vázquez

As inscricións aos distintos talleres xa están abertas e poden formalizarse a través da súa páxina web. As prazas son limitadas e concederanse por orde de solicitude. Só se require a inscrición previa, co consentimento dos pais e titores para que os menores poidan participar. As medidas anti-covid supoñen que só se permitirán dous acompañantes maiores por cada un dos nenos que participen nos talleres.

Estas actividades forman parte do programa de OMKIDS, un distintivo que xa comezou a funcionar na edición de 2019 e que aglutina as actividades para nenos do festival. A programación familiar é un dos aspectos que a organización do festival ten previsto seguir fomentando especialmente nas próximas edicións.

SKATE
Os talleres de Skate están dirixidos a mozos e mozas entre 6 e 16 anos que queiran recibir as primeiras nocións de Skate, patinar nun circuíto profesional, mellorar as súas habilidades ou practicar no mini half. Os talleres serán dirixidos por un monitor de OM e durarán unha hora. Cada participante deberá acudir coa súa propia táboa de Skate e proteccións.

Data: Venres 6 de agosto.
Horarios:
– Chegada 9:30
– 10:00 a 11:30 Talleres en park e minihalf
– 11:30 a 12:00 Entrega premios e desaloxo
Lugar: circuíto de Skate no Peirao de Transatlánticos
Data de inscrición: do 23 ao 31 de xuño

BMX
Os talleres de BMX están dirixidos a nenos e nenas entre 6 e 16 anos que queiran entrar en contacto co mundo do BMX nun circuíto profesional e moi completo. O monitor atenderá ás necesidades de cada participante, que non requirirá de grandes coñecementos ou habilidades previas.

Data: Venres 6 de agosto
Horarios:
10:00 -11:00. Primeira hora dedicada aos nenos e nenas entre 6 e 12 anos.
13:00 -14:00 Taller para os máis maiores, de 12 a 16 anos.
Lugar: Circuito de BMX na chaira do Náutico.
Data de inscrición: do 23 ao 31 de xuño

BREAK DANCE
Os talleres de Break Dance están dirixidos polo centro de formación de Breaking KL Making Dancers de Vigo, e serán impartidos polo monitor de Break Dance do centro, Bboy Kawa que conta con máis dunha década de experiencia impartindo clases para mozas de todas as idades. O Break é accesible a todo o mundo, independentemente da idade que se teña, a complexión atlética ou o estado físico, se é bailarín ou se non. Este taller ademais de impartir movementos, tamén falará sobre a cultura do Hip Hop, os seus valores e a súa esencia (paz, amor, unidade e pasalo ben), sobre os pioneiros e as súas referencias, en que se inspiraban, ademais do significado do Hip Hop e outros conceptos desta cultura urbana.

Banner A Movidiña

Data: Venres 6 de agosto
Horarios
11:00 h a 12:00 h | Workshop Breaking de 6 a 8 anos 
12:30 h a 13:30 | Workshop Breaking de 8 a 12 anos 
17:00 h a 18:00 h | Workshop Breaking de 8 a 12 anos 
18:30 h a 19:30 | Workshop Breaking de 12 a 16 anos 
Lugar: Circuito de Break na Praza da Estrela
Data de inscrición: do 23 ao 31 de xuño

BASKET 3×3
Os talleres de Basket 3×3 están dirixidos a nenos e mozos entre 12 e 18 anos, que queiran entrar en contacto co mundo do Basket 3×3 nun circuíto profesional e moi completo. O monitor atenderá ás necesidades de cada participante que non requirirá de grandes coñecementos ou habilidades senón que poderá participar libremente.

Data: Venres 6 de agosto
Horario: 11:30 a 13:30
Lugar: Circuito de Basket na Praza da Estrela
Data de inscrición: do 23 de xuño ao 16 de xullo

X