Underfest trae a Vigo a Sam Amidon, The Dictators e John Grant
Sam Amidon únese ao cartel do festival Underfest, que se celebrará en varios escenarios de Vigo os días 15 e 16 de setembro. The Dictators e John Grant participarán nos Underfest Bites en outubro e novembro.

O estadounidense Sam Amidon, unha referencia dentro da escena folk-rock americana, incorpórase ao cartel do festival Underfest . Ademais o ciclo Underfest Bites, terá como protagonistas á banda neoiorquina The Dictators, o 2 outubro, e o primeiro concerto en Galicia de John Grant, o 19 novembro. Este ciclo de concertos internacionais nace este ano coa intención de manter viva a paixón pola música en directo despois do festival.
Estes artistas únense aos 14 xa confirmados polo festival: Blood Red Shoes, _Juno, La Élite, PVA, Ciel, Queidem, LaTorre, Los Mejillones Tigre, Mueveloreina, La Perra Blanco, Yung Prado, Alex Silva, Henry Warrington e Paul Weller.
A sexta edición do Underfest celébrase os días 15 e 16 de setembro con concertos nas principais salas da cidade e propostas variadas de música internacional, galega e de diversos rincóns de España. Os abonos esgotáronse rápidamente, pero aínda é posible adquirir entradas individuais para os concertos do venres e sábado.
Paula Cermeño
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- O Celta busca a camiseta que Madonna vestiu no concerto en Vigo de 1990 - 4 Marzo, 2026
- Dolores Ribaldo, a nova libraría alternativa de Vigo - 4 Marzo, 2026
- Guía completa de actividades para conmemorar o 8M en Vigo - 3 Marzo, 2026
- Artistas que rompen fronteiras - 25 Febreiro, 2026
- A Feira Vegana.gal fai unha pausa en 2026 - 24 Febreiro, 2026

