Un oasis feito illa
Na Illa de Arousa, nos seus sete quilómetros cadrados de natureza, mar e tempo, Andrea Fernández dá vida a un paradisíaco microcosmos pensado para crear e comunicar a través da arte. En 2013, tras formarse en Publicidade e Comunicación e estudar un mestrado en obra gráfica, Andrea decide darse unha oportunidade a si mesma para facer o que de verdade a apaixona: contar historias e ilustrar. Así nace un espazo para xente con ganas: La Platanera.
Un lugar para desconectar do mundo e conectar cun mesmo, para aprender serigrafía cerámica, macramé, caligrafía, bordado ou para facer cianotipia nunha praia paradisíaca. Un espazo máxico e aberto a todos que ofrece obradoiros de fin de semana para principiantes e para expertos e que acolle aos seus visitantes cos brazos abertos e sempre disposto a empaparse de novas ideas. Ademais, se estás a pensar nunhas vacacións diferentes, este verán La Platanera abre as portas e organiza, por quinto ano, as Residencias Banana: un retiro artístico para desconectar, inspirarse, practicar ioga e praniama, asistir a diversos talleres creativos e descubrir a Illa. Non che parece un plan perfecto para botar uns días lonxe do mundanal ruído?
Se xa te convencín de que o que necesitas é visitar este pequeno reduto en plenas Rías Baixas, onde o tempo se para e a arte asolaga todo, non dubides en apuntarte a algún dos obradoiros de La Platanera, en ir de vacacións a un dos seus retiros espirituais, ou en mercar un agasallo orixinal para alguén especial na súa tenda online… visita laplatanera.com e empeza a escribir a túa propia aventura. Seguro que volves cos zapatos cheos de area e historias.
[Esta entrevista pertence á revista A movida de Xuño. Se queres comezar a recibir un exemplar na túa casa, apoiar o noso proxecto e participar en numerosos sorteos, faite #AMOVIDALOVER nesta ligazón. ]
Estela Gómez
Últimos posts de Estela Gómez (ver todos)
- Nove ideas de regalo local - 5 Decembro, 2024
- Triqueta Editora, pequenos grandes lectores - 7 Novembro, 2024
- Newt Crafts, artesanía arraigada - 27 Setembro, 2024
- Éxfico Clothing, recortes con estilo - 16 Xullo, 2024
- Noc Noc Estudio, a moda chama á porta - 21 Xuño, 2024