REVISTA ABRIL

Xiralúa, nós tamén navegar

Xiralúa é un estudio creativo dedicado ao deseño gráfico e á elaboración artesanal cunha liña de produtos propia inspirada na cultura galega. Detrás deste proxecto están  Sofía Iglesias Cimadevila e Fernando López Jiménez, que integran, de maneira fresca e persoal, referencias do acervo cultural do noso país en obxectos do día a día, como cadernos de notas, complementos téxtiles ou láminas.

Grazas ao seu catálogo, poderemos vestir suadoiros coas xentís anduriñas de Curros Enríquez ou co máis célebre verso da Penélope de Xohana Torres, así como levar bolsas de tea coas notas sen data do diario de abordo de Manuel Antonio ou presumir de cuncas e gorros propios de Nós.

E se buscamos algo máis persoal, o estudio encárgase de darlle una volta ao branding, á comunicación, á ilustración e ao deseño editorial da nosa marca persoal ou dese proxecto empresarial que temos en mente. Un proxecto de proximidade que fala na nosa lingua.

The following two tabs change content below.

Estela Gómez

Estela naceu no 92 (o ano de Cobi) preto do mar. É filóloga e correctora literaria, cirurxiá de textos, amiga das redes sociais e ten un interese case innato pola moda e a cultura. Estela é aprendiza de todo e especialista en nada, ten incontinencia verbal crónica, e, grazas á mellor das sortes, as palabras danlle de comer.