Un Nadal cheo de actividades para toda a familia
As crianzas xa están de vacacións e a continuación propoñémosvos unha serie de actividades para gozar da época máis familiar do ano. (Máis información sobre cada unha das actividades premendo no título)
NO NADAL… UN CONTO (do15 de decembro ao 4 de xaneiro)
Xa comezou a nova edición de ‘No Nadal… un conto’. Desde o domingo 15 de decembro ata o 4 de xaneiro numerosos contacontos percorrerán diferentes zonas da cidade para traer historias e fantasía a todas as crianzas. Promovido desde a Concellaría de Normalización Lingüística o obxetivo é ofrecer propostas de ocio e aprendizaxe na lingua galega aos nenos e nenas da cidade. Entre os contacontos atopamos grandes nomes do panorama galego, ben coñecidos como Raquel Queizás, Bea Campos, Ana Facchini, Xandobela, Polo Correo do Vento, Barafunda Animación, Esperanza Mara, Tarabelos, Trinke Trinke teatro, Cris de Caldas e Xabi do Camiño ou Cristina Collazo.
PARQUE DE NADAL (do 20 ao 24 de decembro)
Unha vez máis o Auditorio Mar de Vigo énchese de propostas para os cativos durante as vacacións de Nadal. Desta volta propoñen 16 obradoiros diferentes a través dos que achegarnos as diferentes civilizacións. O Parque do Nadal estará aberto do venres 20 pola tarde ao martes 24 pola mañá nos seguintes horarios: de 11.30 a 14.30 e de 16.30 a 20.30. A maiores no mes de xaneiro hai programados dous espectáculos infantís no Mar de Vigo. O xoves día 2 ‘Puzzle kids. Ven a mi fiesta de navidad’ e o venres 3 María Fumaça con ‘O veleiro verde’.
O ‘Papá Noel galego’ é un personaxe de grande estatura, vestido cun casaco remendado, xeralmente representado fumando en pipa e usaba boina. Nalgúns lugares, dise que a súa profesión é a de carboeiro, polo que vive nos bosques dedicado a fabricar carbón e alimentándose de prantas silvestres e xabarís. En Vigo esta labor lévaa a cabo a Coordenadora da figura do apalpador, que este ano celebra ata catro eventos dos que o xigante de barba roxa será o protagonista. Todos eles terán lugar o sábado 21. Ás 11 da mañá chegará aos barrios de O Calvario e Teis. En Teis, será a agrupación de gaitas da Asociación de Veciños de Teis acompañado polo grupo de gaitas de dita asociación. Os nenos e nenas de As Pedriñas tamén terán ocasión de coñecer ao carboeiro esa memsma tarde, despois dunha ampla programación de contacontos música e circo que trascorrerá dunrante todo o día. E no Berbés, a recepción é ás 19h , nun evento no que participan unha ducia de bandas locais de música tradicional.
V FESTIVAL PEQUEÁRTIKO (do 21 a 31 de decembro)
Volve do sábado 21 ao martes 31 á sala Ártika o V Festival PequeÁrtiko de Nadal, un evento con obras teatrais e monicreques para grandes e pequenos. Sete obras divertidas e familiares que farán as delicias do máis pequenos. Preme no nome de cada obra para obter máis información e para mercar as entradas. As obras serán O Mago de Oz, Ludens, Cuentos de las Estrellas, Estrazalonia, Zapatos, Fuera de Stock e Laranxus 7.
NADAL CIENTÍFICO (do 21 de decembro ao 4 de xaneiro)
O Edificio Cambón Illas Atlánticas ofrece unha chea de actividades para que os pequerrechos exploren o seu lado máis científico. Os días 21, 26, 27, 28 de decembro e os días 2, 3 e 4 de xaneiro haberá actividades educativas arredor da robótica, a natureza, a lóxica e os experimentos.
VIGOLANDIA (do 26 ao 30 de decembro)
O vindeiro 26 de decembro o Instituto Ferial de Vigo, IFEVI, abrirá as súas portas para celebrar a XVII Edición de VIGOLANDIA. Un salón de lecer e diversión de todos, maiores e pequenos. Este Salón, mantén, dende o seu nacemento un dos seus obxectivos básicos, o seu carácter social e benéfico. Todas as persoas que o visiten, poderán disfrutar dunha ampla variedade de actividades. Como en edicións anteriores, poderase disfrutar de diversos inchables de grandes dimensións, pista de obstáculos de 140 mts, Wipe-Out de 50 mts, deslizador de 30 mts, con tobogán, ponte tibetana de 50 mts, tirolina, obradoiro de mini chefs etc. Coa particularidade de que este ano os adultos tamén poderán montar no inchable de 140 metros cadrados instalado para a ocasión.
FORMAS ESTRELADAS NO MARCO (do 26 de decembro ao 4 de xaneiro)
A partir do 26 de decembro, o MARCO ofrece un programa especial de Obradoiros de Nadal dirixidos a público infantil e familiar, que terán lugar no Laboratorio das Artes. A entrada é libre e gratuíta ata completar capacidade, e os adultos acompañantes poden quedarse para participar das actividades, ou ausentarse deixando os datos necesarios para a súa localización. Nestes obradoiros a idea é sacar partido das grandes posibilidades didácticas das mostras de Martins e Gruber, con percorridos e experimentos por salas, en contacto directo coas obras, seguidos de actividades no Laboratorio das Artes,
CARPA INFANTIL DE NAVIA (do 27 de Decembro ao 4 de Xaneiro)
Decenas de actividades de todo tipo farán as delicias dos máis pequenos, xa que en Navia atoparemos ao longo de nove días maquillaxe profesional, chapas do Nadal, manualidades, realidade virtual, bloques XXL (zona de construción), Pixel Art, un photocall e moito máis.