REVISTA MARZO

Tres conferencias e un libro polo Centenario do arquitecto Pacewicz

Este venres iníciase o ciclo de conferencias Pacewicz Centenario, unha iniciativa do Instituto de Estudos Vigueses que busca destacar a figura do gran arquitecto frencés Michel Pacewicz, cuxa obra aínda hoxe podemos desfrutar polas rúas da cidade. A primeira charla, titulada En busca de Pacewizc, correrá a cargo do fundador do Instituto Jose Antonio Martín Curty.

A Casa Yáñez, obra de Pacewicz, durante unha visita guiada de Pedro Feijoo | P. Vázquez

Hai 100 anos que nos deixaba un dos grandes arquitectos desta cidade, Michel Pacewicz. Nado en Chateau-Gontier, Francia, e de orixe polaca, desenvolveu os seus últimos 17 anos de traxectoria en Vigo, onde deixou algúns dos edificios máis fermosos e emblemáticos destes lares: El Moderno, Casa Yáñez, Escola de Artes e Oficios, Casas de Oya ou Casa para Rosendo Silva son algunhas das súas obras máis recoñecibles.

Banner A Movidiña

Desde o Instituto de Estudos Vigueses propoñen un ciclo de tres conferencias para recordar a figura deste arquitecto. A primeira será este venres 16 no Círculo de Empresarios de Galicia (García Barbón 62), e correrá a cargo de Jose Antonio Martín Curty, cofundador do Instituto e arquitecto. Será as 19.30 e levará por título En busca de Pacewicz.

A segunda será a semana seguinte, mesmo lugar e mesma hora, baixo a premisa de O Vigo que coñeceu Pacewicz, que neste caso correrá a cargo do historiador Antonio Giráldez, quen xa colaborou na sección Historias dunha cidade da nosa revista de febreiro de 2019. Por último, o venres 30 pechará o ciclo o historiador José Luis Mateo Álvarez con A Escola de Artes e Oficios: a influencia francesa de Pacewicz.

O 18 de decembro presentarase a reedición ampliada, corrixida e mellorada da biografía Pacewicz, arquitecto vigués, editado en 1992 polo IEV. Ademais, xa que estaremos en datas natalicias, haberá unha novidade relacionada coa iluminación. O Edificio Moderno, situado no corazón da Porta do Sol, inaugurará ese mesmo día a súa iluminación nocturna, despois de ter recibido o permiso de Patrimonio.

The following two tabs change content below.

Pablo Vázquez

Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, é un apaixoado do cine, da música e da fotografía. É director dos documentais 'O profesor', 'The Death: el reencuentro' e 'Cuna de músicos', ademais de coautor do libro 'Son da cidade', o que lle fixo coñecer aínda máis a escena musical viguesa. Ten traballado con distintos grupos e salas da cidade, ademais de participar nos últimos anos como Xurado Novo nos festivais de cine de San Sebastián e Novos Cinemas.