Terraceo terá unha terceira edición e contará con Lila Downs, Annie B Sweet, A banda da loba, Ladilla Rusa ou Ortiga
O Festival Terraceo volve á terraza do Auditorio Mar de Vigo a partir do venres 6 de maio. O cartel cos primeiros tres meses de concertos propón un menú ecléctico con artistas novos e consagrados; pop, folk, electrónica, flamenco e rock e artistas tanto internacionais como galegos. As entradas xa están á venda a través desta web.
O Festival Terraceo avanza os primeiros 22 nomes da súa terecira edición, que arrinca o 6 de maio co corcerto de Anni B Sweet e terá entre os seus primeiros nomes, a artistas destacados como a mexicana Lila Downs, Soleá Morente, unha das artistas máis potentes do flamenco e pop rock a nivel estatal, os alemáns Digitalism Dj Set, Taburete, Xisco Feijóo, Hens, Ángel Stanich, o novo proxecto de Berto, que actuará xunto a Familia Caamagno ou a única data en Galicia da Xira 20 aniversario de Delafé y las flores azules.
Entre os artistas confirmados atopamos máis bandas e artistas galegos que outros anos, así como máis música en galego. Xisco Feijó, A banda da loba, As fillas de Cassandra, dani (que repite), Berto, Familia Caamagno, Sés, Ortiga, Grande Amore, Law, Carla Lourdes e Babykatze. Ademais, os organizadores renovan o ser compromiso de potenciar a presenza de artistas locais, seguindo a liña iniciada na pasada edición de combinar nomes consagrados con artistas máis novos.
A receta do seu éxito son as actuacións na gran terraza a altura, no momento do solpor, mentres o sol cae sobre a Ría de Vigo e as Illas Cíes. O evento contou con gran afluencia de público nos dos anos precedentes. A gran popularidade do festival está avalada polo éxito de público dos dous anos precedentes. En 2020, na primeira edición, pasaron 14.000 espectadores polas trinta actuacións musicais que tiveron lugar. E en 2021, foron 24.000 as que asistiron aos 54 concertos programados.
As entradas para estas datas xa están dispoñibles na billeteira e oscilan entre os 15 e os 35€.
Calendario de concertos
6 de maio – Anni B Sweet + Law
7 de maio – Digitalism Dj Set + Mwëslee
13 de maio – Hens + Babykatze
14 de maio – Taburete + Carla Lourdes
28 de maio – Ladilla Rusa
3 de xuño – Xisco Feijóo
4 de xuño – A banda da loba + As fillas de Cassandra
18 de xuño – Ángel Stanich + Soa
1 de xullo – Soleá Morente + dani
2 de xullo – Berto + Familia Caamagno
9 de xullo – Lila Downs + Sés
30 de xullo – Ortiga + Grande Amore
27 de agosto – Delafé y las flores azules