CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

Cinco chefs estrela Michelín participan na terceira edición de Gastro Movida Summit

Chefs estrela Michelín e sumillers de primeira orde participan na III edición de Gastro Movida, o congreso da industria agroalimentaria de Galicia, que se celebra do 25 ao 27 de novembro de forma telemática e presencial no Tinglado do Porto.

“Reivindicar o produto de proximidade que ofrecen o mar e a terra de Galicia, a innovación, o talento das persoas, a formación e o tecido empresarial de toda a súa cadea de valor” é o obxectivo de Gastro Movida Summit en palabras do seu director, David Suárez. Hostalería, produtores, distribuidores e profesionais doutras áreas expertos no sector estarán presentes nun congreso que promove, por encima de todo, o networking real, xa que se trata dun punto de encontro para crear sinerxias e negocio entre empresas e organizacións.

CAMELIAS NADAL

En total desenvolveranse 24 accións, showcookings, un obradoiro de coctelería, competición de startups e máis de 80 relatores, entre os que destacan 5 chefs estrela Michelín como Pepe Solla, de Casa Solla; Rafa Centeno, de Maruja Limón; Alberto G. Preclic, de Silabario; e Lydia del Olmo e Xosé Magalhaes, de Ceibe. Seguindo esta liña, asistirán sumillers de primeira orde no panorama nacional como Tomás Ucha, de DiverXo (3 Estrelas Michelín); Ebelia Moura, de Pepe Vieira (2 Estrelas Michelín), Esther Daporta, de Yayo Daporta (1 Estrela Michelín), Estefanía Rodírguez Alves, de Culuca; ou Carlos Taboada, de Hotel Santo Mauro Madrid. Algunhas delas, formarán parte da mesa estrela do congreso: a cata comentada; unha das actividades que máis interese despertan. Este ano cataranse cinco viños recomendados por cinco mulleres sumillers.

O congreso desenvolverase en catro bloques temáticos: hostalería e formación, industria e turismo gastronómico, innovación e emprendemento; e campus wine. Por segundo ano consecutivo celébrase Gastro Movida Impulsa para dar un espazo a startups da industria gastroalimentaria para que se dean a coñecer e lancen os seus proxectos. Tamén se porá en valor a industria e turismo gastronómico arredor do Camiño de Santiago. A formación tamén vai ter un espazo destacado no evento ao contar cunha mesa redonda na que estarán referentes neste ámbito como o Basque Culinary Center ou o Madrid Culinary Campus, co lugués Pablo Márquez, man dereita de Ferrán Adriá. Pero tamén estarán centros galegos como o CSHG; Harina Blanca e CIFP Manuel Antonio.

As entradas presenciais poden adquirirse en na web gastromovida.es, onde tamén pode consultarse o programa, os ponentes e realizar as inscricións para a asistencia telemática, que é gratuíta.