CAMELIAS MASCOTAS

Tanxugueiras actuarán na gala do X aniversario de Vigo Porté

Entre o 29 de abril e o 1 de maio celébrase no auditorio Mar de Vigo a décima edición do certame Vigo Porté, unha competición de escolas da danza que reúne a bailaríns de todo o mundo. A gran sorpresa deste ano será a actuación das Tanxugueiras na gala de clausura do certame, o 1 de maio.

As voces das galegas Olaia Maneiro, Aida Tarrío e Sabela Maneiro, que están a romper fronteiras co seu particular estilo musical que combina a fusión da tradición con sonoridades urbanas e modernas, soarán o próximo día 1 de maio na Gala de Vigo Porte 2022. O certame reunirá a bailarís de todo o undo noAuditorio Mar de Vigo entre o 29 de abril e o 1 de maio.

Despois de varios anos de restriccións, Vigo Porté retoma a presencialidade para o seu décimo caniversario. O certame ten abertas as inscricións de escolas ata o 31 deste mes de marzo, pero polo de pronto xa superou as 200 coreografías que competirán nas diferentes disciplinas, chegadas de diferenetes puntos do territorio nacional e internacional. Javier Castillo “Poty” volverá a convertirse en presentador da gala e presidente do xurado, labor na que estará acompañado por artistas de primeiro nivel no mundo da danza e o espectáculo.