REVISTA ABRIL

Vigo Porté bate récords con máis de 1500 inscritos

O festival de danza, que se celebrará os días 3, 4 e 5 de abril no Auditorio Mar de Vigo, incrementa a súa cifra de bailaríns nun 25% respecto ao ano pasado, sendo xa máis de 50 centros de danza e 1500 participantes.

Tras pechar inscricións, estas son as cifras da 9ª edición de Vigo Porté: celebrarase os días 3, 4 e 5 de abril no Auditorio Mar de Vigo con máis de 50 centros de danza, 337 coreografías e 1500 participantes, 300 máis que na última edición.

REVISTA ABRIL

Lorena López, Directora de Vigo Porté, atópase abraiada pola “resposta que tivo esta edición: quedaron sen praza moitos centros de danza tanto galegos como do resto de España, xa que algunhas das categorías pecharon hai máis dun mes”. Asturias, Barcelona, Cantabria, Madrid, Málaga ou Las Palmas son algúns dos lugares dos que virán escolas de danza a participar.

“A pesar de todas as dificultades que implica a organización dun evento deste nivel en Vigo, edatos anímannos a seguir traballando neste proxecto tan ilusionante e importante para a ciudade”, apunta Lorena. Unha das principais novidades deste ano é a creación dunha nova categoría na competición, a categoría Mini; que se une á Infantil, a Junior e a Absoluta. A maiores desta nova categoría, realízase un cambio nas disciplinas pasando de cinco disciplinas por categoría a seis: Urbana, Folclore, Musicais & BSO, Fusión, Clásica e Contemporánea, sendo estas dúas últimas as novas incorporacións que nas edicións anteriores realizábanse dentro de una mesma disciplina.

Nesta edición, que aumentará a cuantía dos premios a 16.000€, realizaranse varias Master Class desde o venres pola mañá ata o sábado pola tarde, con varios dos membros do xurado e onde se outorgarán importantes bolsas de formación para algúns dos alumnos.