VIALIA
bannerPicnicSesions

Chega o 8º Vigo Porté na súa edición máis internacional

Esta fin de semana os amantes da danza teñen unha cita ineludible no Auditorio Mar de Vigo co 8º Vigo Porté, o principal evento de danza da nosa cidade. Tres categorías, cinco discilplinas, 200 coreografías, 1200 participantes e 10.000€ en premios.

Fotografía da gala de clausura do ano pasado | Vigo Porté

Hoxe dá comezo a 8ª edición do Festival Internacional de Disciplinas de Danza Vigo Porté, que este ano será aínda máis internacional, xa que ademais de participantes de toda a península, virán bailaríns desde Perú. Por primeira vez, poderanse ver por streaming en todo o mundo as 200 coreografías dos 1200 bailarines que reunirá o evento nesta edición.

O evento terá lugar no Auditorio Mar de Vigo do venres 3 de maio ás 16:00 ata o domingo 5 ás 19:00, hora a que comezará a gala de clausura do festival. O xurado, conformado por Arantxa Carmona, Juan Polo, Malena Mexía, David Campos, Christian Sánchez, Raúl Morgado e Christian Escuredo, estará presidido polo recoñecido Poty Castillo, quen tamén exercerá de presentador.

REVISTA ABRIL

Un Poty, que por certo, estaba desbordante de felicidade polo que xa é o seu sexto ano consecutivo apadriñando este evento. Nas súas propias palabras, “o crecemento deste festival é espectacular, na actualidade é xa un dos mellores a nivel nacional, europeo e mundial“. Finalizou agradecendo o agarimo da cidade con el e co evento dicindo que despois destes anos xa se sinte “como un vigués máis”.

As actuacións dividiranse en tres categorías segundo a idade: infantil, junior e absoluta, que terán lugar o venres, o sábado e o domingo, respectivamente. Á súa vez, estas estarán separadas en cinco disciplinas, como son urbana, lírica, folclore, fusión e musicais & BSO, unha das novidades deste ano. Podes consultar todos os horarios no seguinte enlace. O prezo para poder ver cada unha das categorías (infantil, junior e absoluta) será de 11,10€ , mentres que a gala custará 14,10€

Ademais das actuacións, haberá tres masterclasses impartidas por membros do xurado: flamenco con Malena Mexía, danza tradicional con Arantxa Carmona e ballet clásico con Juan Polo. O custo destes cursos será de 10€ para participantes e 15€ para o público xeral.

(GMT+01:00) Mar de Vigo