CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

Pablo Lesuit e Dirty Suc actuarán na gala dos Premios Maketón

Volve a gala dos Premios Maketón, os nosos Grammy particulares, tras un ano no que a pandemia obrigou a realizar o evento vía streaming. Terá lugar este venres 17 ás 21:00 na Sala Radar, e contará coas actuacións dos artistas locais Pablo Lesuit e Dirty Suc. En medio de ambas actuación entregarán os premios das distintas categorías. A entrada é de balde.

Os Premios Maketón, os primeiros galardóns musicais institucionalizados en Galicia, celebran este venres 19 a súa 21ª edición ás 21:00 na Sala Radar. Ao longo destas dúas décadas, os Maketón asentáronse como os premios de referencia da música viguesa, unha cidade que sempre se caracterizou pola ampla variedade e calidade da súa oferta sonora. Abrirá a noite Dirty Suc, artista vigués afincado en Madrid e un dos referentes galegos na música urbana, que dará paso á característica entrega dos seguintes premios: mellor disco autoeditado, mellor disco, mellor directo, mellor produtor, mellor videoclip e premio á traxectoria.

Despois deste emocionante momento chegará Pablo Lesuit xunto con Sergio Martínez á bateria e Luke Jennings á guitarra eléctrica, estrenando este formato trío para a ocasión. Unha grande oportunidade para gozar en directo de dous dos artistas locais máis destacados dos últimos anos, cada un no seu estilo. O xurado desta edición está formado por Salva Ronko, responsable do Maketón; Emma Placer, autora e intérpete, ademais de presentadora da gala; e Xosé Otero, director do programa de radio A Kanteira.

A lista de nominados é a seguinte:

MELLOR DISCO AUTOEDITADO

ARI MAGRITTE: “Oráculo”.
KYOTTO & SUSHIKING: “Deidad”.
ADRIAN TIMMS: “Part Won”.
MALDITO MURPHY: “Horizontes”.
THE SOUL JACKET: “Let me stand”

MELLOR DISCO

LACOSTA: “16”. OVERDOSE Records.
SEN SENRA: “Corazón Cromado”. SONIDO MUCHACHO & UNIVERSAL Music Spain.
OS RESENTIDOS: ”Organización Nautilus”. ALTAFONTE.
DIRTY SUC: “Morriña”. OVERDOSE Records.
CARLOS NÚÑEZ: “A IRMANDADE DAS ESTRELAS (25 Aniversario)”. SONY Music
Entertainment Spain.

MELLOR DIRECTO

THE SOUL JACKET
SOULMACKLEIN
ZÄLOMON GRASS
PILLABANS
YOUCANTHIDE

MELLOR PRODUTOR

PABLO IGLESIAS (Radar Estudios)
PACO SERÉN (Eclipsis CenStudio)
DANI VILLA & RODRI VEGAS (Bunker Estudios)
TINCHO FERNÁN (Estudios Cantares por el Camino)
JAVIER VICALO (Dub Yard Estudios)

MELLOR VIDEOCLIP

CAMELIAS NADAL

WÖYZA & NACH: “Cómo sería”. (Dirixido por Ivanna Pardal).
KYOTTO & SUSHIKING: “Deidad”. (Dirixido por Yago Cobain).
SEN SENRA: “Sublime”. (Dirixido por Pedro Artola).
PABLO LESUIT & PAMELA RODRÍGUEZ: “Tus balas no me dan”. (Dirixido por Luis Santaolalla).
OS VACALOURAS: “Samil é Portugal”. (Dirixido por Alberto Lora de Galunk Producions).

PREMIO Á TRAXECTORIA

TEO CARDALDA
OSCAR AVENDAÑO
BERNARDO VÁZQUEZ
ALBERTO CUNHA
TONO ALCALDE