Srta B: perfectamente despeiteadas
O salón de peiteado Srta B., no Progreso, é especialista en melenas coidadas e acabados naturais, tamén para as noivas e grandes ocasións.

O efecto despeiteado é o que, paradoxicamente, bordan neste luminoso salón capitaneado por Bianca que loce na parede o lema “péinamelo despeinado”. Tintes e mechas con acabados moi naturais, ondas abertas, coletas desenfadadas… Srta. B é un referente para as que queren unha melena coidada e un acabado natural e favorecedor que sexa bo de manter na casa.


Srta. B abriu hai seis anos porque Bianca, que xa tiña experiencia e formación en perruquería, quería facer as cousas ao seu xeito; “vía acabados e técnicas en internet e preguntábame por que ninguén as estaba poñendo en práctica aínda en Vigo“. A apertada axenda do negocio dá boa conta de que a fórmula desta profesional, sempre alerta das tendencias máis favorecedoras, funciona. Srta B. leva crecendo desde que abriu e agora mesmo Bianca conta cun equipo de cinco persoas. Atenden nun espazo amplo, luminoso e moi acolledor, onde a madeira, as flores e o seu icónico sofá amarelo completan a experiencia polo ollos.


Nesta tendencia ao natural, a coloración faise de xeito diferente, con peite, para crear mechas finísimas que se esvaian coa nosa cor e sen necesidade de valerse de recursos tan incómodos e agresivos como o papel de aluminio ou a calor excesiva. Son un dos poucos salóns en Vigo que utilizan esta técnica, que levan anos desenvolvendo e pulindo. Como o coidado está no centro de todos os tratamentos, utilizan produtos de alta gama formulados con ingredientes naturais de Philip Martin’s. A marca italiana é coñecida pola calidade dos seus principios activos vexetais e ecolóxicos.
Para as noivas, en Srta. B apostan por coletas e trenzas nas que se inclúen cordóns con guechos soltos e con movemento, dando lugar a un estilo con moita frescura, elegante e orixinal. Tamén ofrecen un servizo de maquillaxe para vodas e outros eventos.






Eduardo Iglesias, 20 | 886 09 27 82 | @srta.b_hairsalon
Paula Cermeño
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- Sete actividades que non podes perder no Galician Freaky Film Festival - 20 Setembro, 2023
- O Festival Revoltallo celebra 30 anos cunha fin de semana de rock e actividades gratuítas - 11 Setembro, 2023
- La Urbana: a mellor carne do mundo entre dous pans - 11 Setembro, 2023
- Se (aínda) non che gusta a electrónica, Furiosa (tamén) é para ti - 8 Setembro, 2023
- Felicetta Gualtieri, a deseñadora que dá nova vida á roupa e organiza o Mercado Reciclado - 5 Setembro, 2023