REVISTA MARZO

Solidaridade, música e actividades infantís para celebrar o Nadal en Vialia

O Centro Comercial Vialia celebra o Nadal cun amplo programa de actividades no que a solidaridade, a música, o talento galego e as actividades infantís son protagonistas.

En colaboración coa asociación Érguete, o próximo 11 de decembro Vialia será o punto de saída e meta da carreira solidaria Érguete e corre, que pecha o circuíto deportivo Run Run 2022. Un percorrido circular desde a terraza do centro comercial que discorre por Travesía de Vigo e a Senda Verde, pensada como unha carreira accesible, con diferentes modalidades para que poidan participar corredores de todas as idades. Os ingresos desta carreira irán destinados a potenciar a actividade Movendo camiños, iniciativa de fomento do deporte como rutina contra as adiccións.
A música e os novos talentos son protagonistas os días 10 e 17 de decembro. King Kids, a formación musical xuvenil gañadora de ‘A Canción do Nadal 2021’ actúa o día sábado día 10 de decembro presentando os seus novos temas e versións de Nadal. O sábado 17 é a quenda dos alumnos da escola Coppelia de Vigo, que van ofrecer un concerto de Nadal con instrumentación clásica e coro profesional.
Outra das iniciativas centrais do Nadal en Vialia ten lugar os días 16, 17 e 18 de decembro. Vialia’s Market celebra a súa segunda edición e alberga nas súas casetas numerosas firmas galegas cuxo produto está elaborado de maneira artesanal. Os visitantes poderán escoller os seus agasallos do Nadal entre as propostas de fogar, decoración, moda, arte, editorial ou música que convivirán neste mercadillo do Nadal.
Tampouco faltan os talleres e actividades onde os nenos e as familias poden gozar do tempo de lecer en Vialia neste Nadal. Así, este mércores 7 de decembro ten lugar en VigoExporta un taller, onde os máis pequenos poden crear as súas bólas de Nadal personalizadas. O 13 de decembro podemos participar no taller inclusivo organizado pola ONG Amicos, para a atención e integración de persoas con discapacidade. Unha actividade lúdica e participativa onde os seus usuarios e técnicos de apoio imparten un taller inclusivo de decoración do Nadal con materiais reciclados. A semana de Noiteboa Papá Noel visita Vialia para gozar da festa que o centro comercial organiza na súa honra. O día 21 de decembro os máis pequenos poden gozar da súa compañía na Gran Festa de Nadal para recibir a Papá Noel. Os días 22 e 23 de decembro, os máis pequenos poden pasar un tempo con el de 17 a 21 horas, para compartir os seus desexos e agasallos antes de que os visite en Noiteboa.