Serrat á conquista do Atlántico co seu Mediterráneo
Cúmprense 47 anos de Mediterráneo, o tema máis emblemático de Serrat. O cantautor catalán non quere agardar ao medio século para recuperar aquelas dez pezas que compuñan o LP que o consagrou como artista. Chega a Vigo coa xira ‘Mediterráneo da capo’ coa que está a percorrer España e o levará por Europa e América.
Non sabemos que sería de Serrat se tivera interpretado en Eurovisión o La, la, la que finalmente levou a Masiel á primeira posición. Pouco antes do certame o cantante barcelonés rexeitou participar tras a negativa de RTVE a que interpretase o tema en catalán. Probablemente, é ese carácter o que fai que con 75 anos poida presumir de encher os mellores escenarios do mundo. En 1971 consagrouse como artista grazas a Mediterráneo, un tema e un álbum que como el mesmo ten admitido só lle ten dado ledicia. Unha oda a esa patria líquida que el tanto ama e que máis aprende apreciar canto máis sae fóra. E por iso, que para celebrar o 47 aniversario de Mediterráneo embárcase nunha xira de 100 concertos coa que percorrerá España, Europa e América.
Este sábado ás 23:00 horas actúa en Castrelos acompañado por un sexteto composto por Ricard Miralles (piano) Josep Mas Kitflus (teclados), David Palau (guitarra), Vicente Climent (batería), Tomás Merlo (baixo) e Uxia Amargós (viola). Que soará Mediterráneo non é ningún segredo. O público tamén escoitará os outro 9 temas que compuñan o álbum, entre os que se atopan algúns tan lendarios como: Lucía, Pueblo blanco, Aquellas pequeñas cosas o Barquito de papel.
O concerto de Serrat este sábado en Castrelos será unha velada para brindar a man á costa Este e deixarnos contaxiar da súa calma e calidez.
Últimos posts de Tamara Novoa (ver todos)
- Isabel Blanco: «A lexislación avanzou moito máis que a sociedade» - 6 Marzo, 2023
- Nervo (Rebeliom do Inframundo): «Fixéronnos crer que o amor é unha mentira» - 22 Febreiro, 2023
- Carlos Oroza instálase na Casa da Collona - 27 Xaneiro, 2023
- Vinte e tres furanchos participan este ano no San Brais de Bembrive - 20 Xaneiro, 2023
- Luís Torras: «Quero que me dea tempo a rematar o cadro que estou pintando» - 26 Decembro, 2022