Sendeiro Local de Cabral
O Sendeiro Local de Cabral discorre polos variados montes de Cabral, atravesando corredoiras e camiños que permiten ver soutos de castiñeiros, o arboreto situado detrás do IFEVI, as plantacións de O Cotiño e O Gorxal, áreas de explotación forestal e o contraste entre o monte coidado pola Comunidade de montes de Cabral e algúns montes de particulares
completamente abandonados.
Dada a súa conduración pódese principiar en distintos lugares: no arboreto, na Estrada do Tranvía, no campo de fútbol de Santa Marina ou no Gorxal. En calquera caso trátase dunha experiencia intensa da convivencia do monte cos espazos urbanizados, tendo unha parte do traxecto ao río Lagares como referente.
KM: 11,8
DURACIÓN: 4 H
DIFICULTADE: media
Punto de partida: IFEVI