CAMELIAS MASCOTAS

A Sala Ártika programa comedia, danza e teatro infantil entre outubro e decembro

A Sala Ártika anuncia a súa programación para os vindeiros meses e recupera os espectáculos internacionais e os ciclos Pequeártiko e Comediártiko, que comeza este sábado. A sala albergará pezas de teatro para todas as idades e de varios estilos, todas as fines de semana ata o 31 de decembro. As entradas xa están dispoñibles na súa web.

21 compañías levantarán 51 veces o telón da Sala Ártika durante este outono baixo o lema , consolidando así a sala como o lugar de referencia en Vigo para os amantes das artes escénicas baixo o lema “Ti es parte da cultura”. “Esperamos que supoña a recuperación do público despois da postpandemia”, expresa o director do espazo Marcos Alonso, que considera a súa aposta polo teatro “ambiciosa e complicada”, especialmente en pleno boom dos festivais de música.

REVISTA NOVEMBRO

A programación máis inminente é o Festival Comediártiko, que celebra a súa terceira edición achegando ao público catro pezas cómicas entre o 17 e o 30 de outubro: a obra para público familiar Por las buenas y por las malas, de Escena Miriñaque; a estrea do novo espectáculo do clown extremeño Francis J. Quirós Cucko in love; a única función en Galicia do espectáculo Gaspet, do arxentino Marcelo Katz; un novo capítulo das Fillas Bravas, da compañía galega Chévere e seis funcións de As que limpan, a exitosa produción de A Panadaría.

Xa en decembro, o VIII Festival Pequeártiko de Nadal ocupará a sala entre os días 22 e 31, un ciclo dirixido ao público familiar que conta cada vez cunha mellor acollida, tanto entre as compañías que presentan os seus espectáculos para participar nel como entre o público asistente.

A programación a completan, entre outros, espectáculos como Perdón dos arxentinos Sutottos; Orlando de Teatro de Fondo; o espectáculo de danza Todo lo bueno sucede en silencio de Provisional danza ou o proxecto gañador de Iberecena en coprodución entre España i Ecuador Brújula II ,que estarán na Sala Ártika o 14, 15 e 16 de outubro

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.