CAMELIAS MASCOTAS

RunRun Vigo 2020 estará formado por 12 carreiras

O circuito de carreiras da cidade, RunRun Vigo, estará composto por 12 carreiras este 2020. A primeira será a Subida ao Castro este 26 de xaneiro, mais as datas do resto aínda están por coñecer.

REVISTA NOVEMBRO

Hoxe deuse a coñecer a programación do circuito de carreiras RunRunVigo para este 2020, que estará formada por 12 carreiras distintas, tres máis co ano pasado: Subida ao Castro, Calvario 5+5, Érguete e Corre, Vig Bay, Happy Go Running, Carreira da Cereixa, Nocturna de San Xoán, Nocturna Correndo por Vigo, 10K do Berbés, Vigo Contra el Cáncer, 10K de Teis e Vigo +11. En total, 123 quilómetros polos diferentes barrios de Vigo (Coia, Teis, Calvario, Berbés, Beade, Marcosende, Coruxo…) e os seus arredores.

A única data confirmada ata agora é a da primeira, a Subida ao Castro, que será o domingo 26 de xaneiro, pero de seguro coñeceremos máis información o próximo 21 de xaneiro na Gala de Entrega de Premios, na que serán galardoados Karen Castro e Daniel Bargiela, os vencedores do circuito no pasado 2019. Neste evento realizarase un balance de todas as carreiras do ano pasado e se presentarán as deste, dando a coñecer algunhas das datas e das novidades.

Unha das novidades para esta nova tempada será que as carreiras que conten con opcións con diferentes distancias (5K e 10K, por exemplo) tamén puntuarán as de menor percorrido, evidentemente dunha forma proporcional. Desta forma desde a organización busca incentivar a participación de máis xente a calquera das modalidades.