CAMELIAS MASCOTAS

Recta final para anotarse a La 21, o medio maratón de Vigo

Este domingo día 31 remata o prazo para inscribirse en La 21, Media Maratón de Vigo, que se celebra o 7 de novmebro. Esta nova edición, que rende homenaxe ao deportista vigués Alejandro Gómez, falecido o pasado mes de xaneiro, conta con varias novidades respecto aos anos anteriores.

REVISTA NOVEMBRO
Fotografía da edición de 2019 | Cedida

La 21, Media Maratón de Vigo, volve ao asfalto o domingo 7 de novembro cunha edición moi especial na que rende homenaxe ao atleta vigués Alejandro Gómez, falecido o pasado mes de xaneiro. A partir desta edición a carreira de 10 quilómetros desta proba deportiva levará o nome de Alejandro Gómez, quen se proclamou catro veces campión de España nesta distancia. Unha proposta moi ben acollida entre os corredores que a tres días de que se pechen as inscricións esgotaron practicamente os dorsais, tanto para esta distancia como para o media maratón.

Tras o ano de parón imposto pola COVID o Medio Maratón de Vigo volve ser presencial repetindo o formato de 2019. Cun percorrido lineal, pegado á costa e con opcións para todo tipo de corredores. Dando opción aos participantes de formar equipos de dous ou catro relevistas para cubrir os 21 quilómetros deste percorrido que comeza na praia de O Vao e termina no Náutico. La 21 é a única proba de substitucións da cidade e dá a oportunidade a persoas que non queiran ou non estean preparadas para completar 21 quilómetros de participar desde 5 quilómetros. Outro dos atractivos da proba é que os participantes atravesan os túneles de Beiramar correndo, un espazo que de forma xeral está pechado ao paso de peóns.

Os últimos dorsais estarán dispoñibles ata este domingo 31 ás 23:59 na plataforma Laptime. Este é o mapa do percorrido, onde veñen indicados os puntos de substitución entre corredores.