Festa da Reconquista en Vigo

Datas Reconquista en Vigo

A Festa da Reconquista en Vigo é un evento anual que se celebra en honra á reconquista da cidade, daquelas ocupada polo exéricto napoleónico. A data oficial desta celebración é o 28 de marzo, pero xeralmente faise coincidir na fin de semana que mellor se axuste. É un momento cheo de historia, tradición e celebración que atrae a visitantes de todas as partes.

Desta forma, a Festa da Reconquista en Vigo conmemora un feito histórico que tivo lugar no ano 1809, cando os vigueses recuperaron a cidade das mans dos franceses liderados por Napoleón. Dende entón, a cidade celébrao con orgullo, rendendo homenaxe aos seus heroes e mantendo viva a memoria deste acontecemento.

Cada ano, miles de persoas acoden a Vigo para participar nas actividades que se organizan durante a Festa da Reconquista. A cidade vístese de gala para acoller a esta celebración única, que combina a historia coa diversión e a cultura.

Programa da Reconquista en Vigo

Cada ano, o programa da Reconquista en Vigo caracterízase por incluír diversas actividades. Están dirixidas a todos os públicos, desde pequenos a maiores:

marzo

22mar13:00Festa da Reconquista: Concerto Kv2211AS NOSAS FESTAS | De balde13:00(GMT+01:00) Praza da Igrexa (A Colexiata)

22mar19:00Festa da Reconquista: Destitución da corporaciónAS NOSAS FESTAS | De balde19:00(GMT+01:00) Praza do Berbés

22mar21:45Festa da Reconquista: Os VacalourasAS NOSAS FESTAS | De balde21:45(GMT+01:00) Praza do Berbés

23mar11:00Festa da ReconquistaAS NOSAS FESTAS | De balde11:00(GMT+01:00) Plaza do Berbés

24mar20:00Festa da Reconquista: 'Arredor da música tradicional'AS NOSAS FESTAS | De balde20:00(GMT+01:00) Edificio Redeiras

28mar(mar 28)11:0030(mar 30)21:00Reconquista de VigoAS NOSAS FESTAS | De balde11:00 - 21:00 (30)(GMT+01:00) Casco Vello

Novas sobre a Reconquista en Vigo

Inmortalizar a Reconquista ten premio

A organización da Reconquista de Vigo convida aos vigueses a plasmar a esencia da festa a través do…

Guía para a Reconquista de Vigo

Este venres comeza a festa popular máis importante da cidade: a Reconquista. En principio a…

Xa coñecemos a programación da festa da Reconquista

Aínda que os días grandes da festa da Reconquista terán lugar do venres 28 ao domingo 30, o próximo…

Claves para seguir a representación da Reconquista

O acto central da Reconquista ten lugar o domingo a partir das 18:00 horas, cando se representa a…

Como era Vigo na época da Reconquista?

O Vigo dos tempos da Reconquista dista moito do da actualidade. Daquela, Vigo era unha vila…

Como vestir para ir á Reconquista?

View this post on Instagram A post shared by A Movida (@amovidavigo) Esta fin de semana na…

Isto da Reconquista está moi ben. Agora, así, o que se di “así”, igual non foi… (2/2)

Na liña do que comentabamos no número anterior, ben é certo que, arredor da Reconquista, aínda…

I love Reconquista, por Pedro Feijoo (1/2)

Moito me teñen preguntado ultimamente cal é o meu problema coa festa da Reconquista, que a ver por…

Historia e orixe da Reconquista de Vigo

A historia e orixe da Reconquista de Vigo remóntase ao ano 1808. No contexto da Guerra da Independencia Española, as tropas franceses encabezadas por Napoleón Bonaparte saíron de Vigo o 28 de marzo.

Os vigueses, liderados polos militares Pablo Morillo e Bernardo González “Cachamuíña” converteron Vigo na primeira cidade de Europa en expulsar aos franceses. Por esta razón, o rei Fernando VII otorgou o título de cidade “fiel, leal e valerosa” no ano 1810.

Postos da Reconquista en Vigo

Os postos da Reconquista en Vigo son unha parte esencial da celebración. Ofrecen variedade de produtos artesanais, gastronomía local e souvenirs relacionados coa festividade.

Os postos da Reconquista de Vigo máis populares son os gastronómicos. Pódense degustar pratos típicos da cociña galega, como empanadas, polbo á feira ou o clásico “choripán”. Tamén se ofrecen bebidas tradicionais como a augardente ou o viño. Ademais, moitos destes postos pertencen a restaurantes e tabernas da cidade, que montan un posto no exterior do local.

Outro tipo de posto moi demandado son os que venden produtos artesanais. Aquí pódense atopar desde xoias e complementos feitos a man ata cerámica, madeira e pedra traballadas con técnicas tradicionais. Moitos pertencen a artesáns locais que aproveitan a Festa da Reconquista para dar a coñecer o seu traballo.

Ademais da venda, tamén hai actividades e obradoiros. Os asistentes poden participar en xogos e competicións, aprender sobre oficios tradicionais ou ver en directo como se fabrican determinados produtos artesanais. É unha forma divertida de coñecer máis sobre a historia e a cultura da cidade.

Os postos da Festa da Reconquista de Vigo son un escaparate da riqueza cultural e gastronómica da cidade. Percorrelos é unha cita ineludible para vivir unha atmosfera histórica chea de cor e sabor.

Traxe da Reconquista

Vestir o traxe da Reconquista de Vigo é unha forma de honrar a historia e desfrutar do ambiente festivo da celebración. As vestimentas do século XIX son as que hoxe en día atribuímos ao traxe rexional que empregan a meirande parte dos grupos folclóricos. Moita xente foi modificando estes traxes para facelos máis lixeiras e cómodos. Substituíronse os tecidos tradicionais que eran o liño e a la por outros como o algodón. Amarelo, vermello, azulón, verde herba e marrón eran as cores máis habituais nas saias e pañoletas das mulleres.

Un dos elementos máis característicos é a camisa de liño, de corte recto e manga longa. Sobre ela, lévase un xustillo ou corpiño axustado á cintura. Os homes tamén levan calzóns de liño ou pano, mentres que as mulleres visten saias longas e amplas.

Outro elemento imprescindible é o mantón adornado con bordados ou aplicacións. Tamén son imprescindibles, no caso das mulleres o mandilón, o pano na cabeza e a toquilla.

DEPO

Moitos asistentes á Festa da Reconquista de Vigo decántanse por traxes de inspiración nobiliaria, con tecidos ricos e detalles luxosos. Pero tamén hai quen opta por vestimentas máis humildes, propias de campesiños ou artesáns da época. O importante é sentirse cómodo e participar activamente na celebración.

Actividades e Ocio en la Reconquista en Vigo

O ocio e as actividades da Reconquista en Vigo son variados. Desde espectáculos polas rúas até obradoiros artesanais, hai opcións para todas as idades e gustos. A representación da expulsión dos franceses é o acto central da Reconquista, e adoita celebrarse o domingo a media tarde, sobre as 18:00 h.

Antes da súa expulsión na xornada do domingo, as tropas napoleónicas desfilan polo Casco Vello ante os apupos da xente.

Para os máis pequenos, hai obradoiros nos que poden aprender sobre oficios e técnicas da época. Poden facer desde xoguetes de madeira ata máscaras de cartón, pasando por pulseiras de contas ou collares de flores. Estas actividades combinan a diversión coa aprendizaxe, fomentando a creatividade e a imaxinación dos nenos.

A gastronomía tamén ten un papel destacado nas actividades da Festa da Reconquista. É ineludible degustar pratos típicos da cociña galega nos postos e tendas da cidade.

Fotos de la Reconquista en Vigo

As fotos da Reconquista en Vigo capturan a esencia e a emoción deste evento anual. Revive os momentos máis memorables a través destas imaxes.