VIALIA
bannerPicnicSesions

Como vestir para ir á Reconquista?

Esta fin de semana Vigo retrocede a 1809. As rúas xa están engalanadas, os actos festivos programados, a representación máis que ensaiada, e os ánimos caldeados… Só queda unha cousa para vivir un ambiente puramente ‘reconquisteiro’: que todos e todas vaiamos vestidos coma os vigueses de comezos de século XIX. Patricia González, modista experta en traxe tradicional, explica para A Movida como debe ser a vestimenta de homes e mulleres para que, sendo o máis fíes posibles á historia, todos podamos facilmente saír vestidos da casa como se do 28 de marzo de 1809 se tratase.

Vestimenta da Muller:

Chambra: Camisa longa de liño ata os xeonllos, pode ter lorzas á altura do peito ou non. Tamén pode ter cuello mao ou non levar cuello.

-Por encima da camisa pódese vestir un xustillo ou un mantón. O xustillo ou chaleco recibe o nome de suxeitar o peito. O mantón de frecos na súa maioría proviña de fóra aínda que algunhas mulleres os facían aquí. Aínda que é un pouco posterior, Patricia sinala que outra opción para aquelas mulleres que non dispoñan de chaleco ou mantón ou tamén para as máis frioleiras é vestir unha toquilla.

Saia de paño e/ou refaixo de liño

-Por riba da saia un mandil de liño ou algodón

-É fundamental levar a cabeza tapada. Antes mulleres e homes levaban gorro ou pañuelo para protexerse tanto do sol como do frío. No caso das mulleres o máis habitual é que leven unha pañoleta dalgunha cor viva.

-Calzadas unhas zamancas de coiro por arriba e madeira por abaixo.

Vestimenta de home:

-Para cubrir as pernas a modista dá dúas opcións: Pantalóns de liño branco que serían as cirolas ou roupa interior que vestían daquela ou pantalóns de paño negro ata os xeonllos e medias de la escuras.

Camisa de liño de corte recto moi similar a da muller coa única diferenza de que é máis curta.

-Por riba da camisa os homes levan un Chaleco.

-Entre o chaleco e o pantalón un Faxín de la que servía para protexer as costas do frío e para non mancarse ao facer esforzos ou cargar pesos.

– Por riba de todo iso unha chaqueta tamén coñecida co nome de almilla.

REVISTA ABRIL

-Ao igual que as mulleres os homes levaban sempre a cabeza cuberta. No seu caso vestían un chapeu ou un pucho.

-De calzado tamén eles levaban unhas zamancas de coiro por arriba e madeira por abaixo.

Como ben explica Patricia as vestimentas do século XIX son as que hoxe en día atribuímos ao traxe rexional que empregan a meirande parte dos grupos folclóricos. Pero, como sinala a propia modista, moita xente foi modificando estes taxes para facelos máis lixeiras e cómodas. Substituíronse os tecidos tradicionais que eran o liño e a la por outros como o algodón. Amarelo, vermello, azulón, verde herba e marrón eran as cores máis habituais nas saias e pañoletas das mulleres, como explica Patricia tiñan que cinguirse as tintas que conseguían das propias plantas.