Con máis de 650 centros repartidos polo mundo, case 550 no Estado, e dous en Vigo, a empresa catalá leva dúas décadas dedicándose ao ensino da lingua inglesa mediante un método singular que consiste en aproximar a aprendizaxe deste novo idioma ao da lingua materna, sen agrupar a materia como acontece na educación regulada. E isto como se fai? Pois Ler máis...
Locais recomendados in Vigo
No Records Found
Sorry, no records were found. Please adjust your search criteria and try again.
Google Map Not Loaded
Sorry, unable to load Google Maps API.
Categorías
-
Molotov Club vén revolucionar non só as noites viguesas, senón o panorama cultural. Kaixo e o seu socio Paulo Ruiz abren nunha emblemática sala da cidade un verdadeiro centro cultural no que todo o interesante e de vangarda ten cabida: concertos que van desde o jazz ata o reggae, trap, techno ou reggaeton, sesións jams e vermut, mercadillos, performances, showrooms, Ler máis...
-
A venezolana Felicetta Gualtieri decidiu, tras traballar en grandes marcas como Volcom ou Zara, dedicar os seus esforzous ao upcycling, isto é, un conxunto de técnicas que utilizan a creatividade para dotar de valor engadido a obxectos que xa existen, pero non utilizamos. Por exemplo: un peto creado con retazos de pantalóns vaqueiros de diferentes tonos de azul e, coa Ler máis...
-
A El Trigal o oficio vénlles de familia. Xeracións enteiras creceron entre fornos de leña, fariña, froitas, chocolate e azucre. Aprenderon que cada cousa necesita o seu tempo e que para poder gozar dun bo pan este debe amasarse con mimo, deixar que fermente lentamente para conseguir que a súa textura sexa fina e esponxosa, cocelo a lume lento para Ler máis...
-
Estadounidenses asentadas en Vigo desde a década dos setenta, Deborah Randall e Robyn Spence dirixen este pioneiro centro de ensino desde 1988. A grande experiencia como profesoras de inglés que teñen as dúas animounas a abrir unha baseada no método comunicativo. «A énfase non debería estar centrada nos exames, aínda que os preparamos todos; un idioma é para usalo e Ler máis...
-
Hai ano e medio que Nacho e Milla Carballido se converteron en pais, e foi entón cando botaron en falta un espazo que aglutinase diferentes tipos de actividades para meniños, proxenitores ou mesmo mulleres embarazadas. Puxéronse mans á obra e crearon Kenguru, que desde o pasado mes de outubro ofrece diversas actividades, obradoiros e cursos desde o concello de Mos. «Eliximos este lugar porque Ler máis...
-
Local cun deseño acolledor para botar unha tertulia a comezos do serán pero que se converte nun lugar animado pola noite. Nel poderás tomar as primeiras copas na compaña dos teus amigos, en pleno corazón do Casco Vello. Dentro ou fóra, se o meteoroloxía galega o permite, poderás degustar unha ampla variedade de cervexas artesanais e de importación, todo elo Ler máis...
-
Rataloka Tattoo abriu no 2017 capitaneado por Andrea, tatuadora en activo desde o 2012. Nos comezos ela era a única fronte ao estudio de tatuaxes, mais na actualidade, ademais dela, o establecemento conta con tres artistas residentes, un que intercala Vigo e Frankfurt quincenalmente e algúns invitados do resto da Península. Os puntos fortes do seu deseño son a cor Ler máis...