El Cañaveral é un lugar de encontro onde pasar un bo anaco escoitando música ao vivo, desfrutando de eventos para toda a familia e, por suposto, saborear a oferta culinaria cunha carta que se adapta ás mañás, ás tardes e ás noites. Chamar restaurante ou cafetería a este establecemento quédase curto, isto é un espacio multifuncional onde desde o máis pequeno da familia ata o máis lonxevo pode atopar o seu lugar para desfrutar da decoración e do servizo.






