Recomendacións dos lectores
Os nosos plans de ocio favoritos atópanse pausados: concertos, teatro, danza, cinema… Unha situación que non axuda para nada a aturar esta crise sanitaria que parece non rematar. Con todo, aínda quedan opcións culturais e de lecer para realizar na casa, como filmes, series, libros ou discos. Por iso queremos coñecer a vosa opinión sobre estes eidos tan apaixoantes. Ademais das vosas recomendacións, teremos a expertos ou expertas no tema propoñéndonos as súas. Xa que temos que quedar na casa o máximo posible, polo menos que sexa consumindo cultura de calidade.