Rebeliom do Inframundo, O Son da Industria e cacharelas de San Xoán esta fin de semana en Vigo
Fin de semana marcado polas festas de San Xoán no que tamén haberá moitas opcións para gozar de música en directo. Preme no título de cada evento para máis información. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida.
Algo que Brilla é unha bienal de arte multidisciplinar que se celebrará na Fundación Sales entre o 18 e o 22 de xuño. Os artistas, músicos, bailaríns e demais participantes foron convidados a pasear e meditar polo xardín da Fundación Sales para crear unha peza site-specific que dialogue co espazo. Ademais das pezas de arte, o venres haberá un DJ set de Akazie e o sábado actividades durante todo o día que culminará cun DJ set de Pálida creado especialmente para a ocasión.
Concerto de Vimbio e Temible Olivina – Venres ás 21:00 na Sala Kominsky – Entradas esgotadas
Concerto de presentación de Vimbio, a nova banda de Alex Arnoso (Ex Sondarúa), que mesturan Rap e Metal, acompañados por Temible Olivina, que vai presentar temas do seu próximo disco, acompañada por DJ Lakenobaila e MC Pumi.
A banda viguesa de rap presenta en directo o seu último disco Amor ou barbarie, que conta con colaboracións de gran nivel, como Hard GZ, Woyza e Iria Medraño. Tras a polémica xurdida pola licencia de uso da terraza, este será o primeiro concerto do verán ao aire libre.
Son da Industria – Sábado ás 20:00 h no Parque García Picher – De balde
O festival promovido pola Asociación As da Industria contará coas actuacións de María da Pontragha, Bouba e Leria. Ademais, por primeira vez, catro grandes artistas galegas farán unha actuación conxunta: Zeltia Irevire, Debajodelapalmera, Laura Lamontagne e Paula Pier.
Conexións – Sábado e domingo – De balde
A Fundación Mayeusisorganiza durante o mes de xuño o ciclo Conexións, unha serie de case 20 concertos espallados por 15 ubicacións da cidade. O jazz, o folk e a música clásica soará en espazos pouco habituais. Esta fin de semana poderá desfrutarse dun grupo en Villa Solita, o sábado ás 20:00, e de música de cámara folk, o domingo ás 12:30 no atrio da igrexa Sagrado Corazón de Jesús.
Monólogo de Luis Chataing – Sábado ás 20:30 no Teatro Afundación – Desde 30,00€
Espectáculo do cómico venezolano Luis Chataing, quen conta cunha larga traxectoria na radio e a televisión do seu país natal.
La Portátil Vig Band – Sábado ás 21:00 no Café Uf – 10,00 €
La Portátil Vig Band de Carlos Segovia é unha orquestra de jazz en pequeno formato que pasa que fai un repaso aos diferentes ritmos e estilos da época dourada das Big Bands, xunto con outros temas de corte máis moderno.
EVENTO CANCELADO: Concerto de Lisa & The Lips – Sábado ás 21:00 na Sala Master Club –
Banda estadounidense de funk e soul liderada por Lisa Kekaula e Bob Vennum, cantante e guitarrista da banda The BellRays.
Festival Dial al Sol – Domingo ás 19:00 na Praia de Samil – De balde
Evento para gozar da noite de San Xoán na praia, coas actuacións de Conchita, DePol, Antoñito Molina, Gonzalo Hermida, Ezio Oliva, Yoly Saa, Marta Soto, Andreew e Broken Peach.
Cacharelas de San Xoán – Domingo en varias localizacións
Temos 23 festas na cidade para celebrar a noite máis curta do ano saltando fogatas. Nalgunhas localización tamén se poderán degustar sardiñas ou desfrutar de música en directo. Máis información neste artigo.