CONCERTOS CASTRELOS
DIA DE GALICIA

Bienal de Arte Algo que brilla

18xuñ(xuñ 18)17:0022(xuñ 22)21:00Bienal de Arte Algo que brillaFESTIVAIS E FEIRAS | Desde 2,00 €17:00 - 21:00 (22)(GMT+02:00) Fundación Sales

Detalles do eventos

Algo que Brilla é unha bienal de arte multidisciplinar que se celebrará na Fundación Sales entre o 18 e o 22 de xuño.

Os artistas, músicos, bailaríns e demais participantes foron convidados a pasear e meditar polo xardín da Fundación Sales para crear unha peza site-specific que dialogue co espazo, conxugando un todo orgánico entre obras, artistas e lugar. As persoas visitantes serán convidadas a explorar os diferentes espazos, a partir dun percorrido cheo de recunchos mediadores entre a arte contemporánea e a contorna
natural.

O cartel está composto por artistas galegos e internacionais como Alberto Ardid, Álex Fortes + Ignacio Pérez-Jofre, Andrea Davila Rubio, Chelo Matesanz, Fadi Houmani, Jennifer Custodio, Juan Carlos Román, Julio Catalán Rubinos, Mar Ramón Soriano, Mariña + Carmen Glez. Guerreiro e Susana Rocha.

Programación:
Ademais da exposición principal, desenvolveranse varias actuacións e eventos durante toda a semana.

Martes 18 de xuño ás 20:00, como parte da inauguración da Bienal, contaremos con Baía Botánica, proxecto de música con plantas de Hugo Torres.

Xoves 20 ás 19:00 terá lugar unha charla-presentación do proxecto Tirar da corda dos artistas Carme Nogueira e Javier Fernández Pérez de Lis.

Venres 21 ás 20:00 damos paso á fin de semana co DJ set de Akazie

Sábado 22 ás 11:00, laboratorio para familias da man de Arte e Garabato ás 11:00, unha peza de danza contemporánea do

Sábado 22 ás 13:00, colectivo Qabalum (Todo este ruído)

Sábado 22 ás 18:00, visita guiada desde a mirada de Carlos Fer ás 18:00 e para finalizar

Sábado 22 ás 20:00 pecharemos a Bienal cunha actuación musical de Pálida, que levará a cabo un Ambient Live preparado especialmente para a ocasión.

Entradas: A entrada xeral ten un custo de 2€ en concepto de apoio á Fundación Sales, e todas as actuacións musicais teñen un custo de 5€, que inclúe gratis unha consumición cortesía de Cervexas Alhambra, patrocinador principal do evento.

Horario:
Martes 18 de xuño de 17:00 a 21:00
Mércores 19 de xuño de 16:00 a 21:00
Xoves 20 de xuño de 16:00 a 21:00
Venres 21 de xuño de 16:00 a 21:00
Sábado 22 de xuño de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00

Máis

Hora

18 xuño, 2024 17:00 - 22 xuño, 2024 21:00(GMT+02:00)

Localización

Fundación Sales

de, Av. Europa, 52, 36212 Vigo, Pontevedra

Other Events