CAMELIAS MASCOTAS

r.e.a.l.: “Toda nova proposta musical que teña en conta os proxectos locais está xenial”

r.e.a.l. é un dúo de electrónica afincado en Madrid formado por Isabel e Sara, que xurdiu tras a separación de Drama, a súa anterior banda. House, techno e pop mestúranse nas súas composicións, que veñen acompañadoas dunha estética moi marcada.

Como definiriades o que facedes a alguén que non vos coñeza?

r.e.a.l. é un grupo de música electrónica inspirada no house e o techno para as bases e para a letra en melodías pop máis accesibles. Ademais da música, buscamos crear un concepto, que r.e.a.l. estea ademais rodeado dunha dimensión estética que nos represente.

Como e cando nace o voso proxecto musical?

Atopabámonos nun momento de cambio, acababámonos de mudar a Madrid e o noso grupo anterior, DRAMA, disolveuse. Queriamos seguir facendo música así que decidimos comezar un novo proxecto, orientado á electrónica e xurdiu r.e.a.l. 

Que vos parece esta iniciativa de Vigo Emerxe?

Toda nova proposta musical que teña en conta aos proxectos locais está xenial. Gústanos moito a idea de facelo no Museo do Mar, o espazo e a situación.

Que outros artistas locais gustaríavos ver no festival?

Do cartel deste sábado gustaríanos ver a  B.Flecha. Estaría moi ben que se se repite poder ver a algúns grupos amigos como Bifannah ou Seda.

Que opinas da escena musical local?

REVISTA NOVEMBRO

En Vigo hai moitos proxectos musicais de moitos xéneros distintos, e aínda que algúns nos poidan gustar máis que outros, o que está claro é que ten unha escena musical moi activa.

Proxectos para este ano e o que vén.

Estamos a traballar un novo  videoclip e a idea é sacar novos temas a principios do ano que vén.