Que soará este verán en Castrelos?
Coa chegada da primavera os nosos pensamentos voan directos ao verán: a praia, as festas, as vacacións e os concertos. Tras o anuncio das actuacións de Maná, Serrat e Raphael estamos impacientes por coñecer as outras citas que completarán o cartel de concertos en Castrelos.
Coa noticia de que Maná actuará no auditorio de Castrelos o vindeiro 23 de xullo comezan as cabalas por indagar cales serán as outras actuacións que poderemos gozar este verán. A de Maná súmase ás actuacións de Serrat (21 de xullo) e Raphael (2 de agosto) anunciadas fai un mes polo alcalde. Ás expectativas están altas e os vigueses agardan con ansias volver a ver a grandes estrelas do mundo da música sobre o escenario de Castrelos. Ás expectativas foron creadas polo propio alcalde, Abel Caballero, que anunciou para 2018 un total de dez concertos e un deles reuniría a un millón de persoas.
Recuperará por fin o Auditorio de Castrelos o caché e fama que tivo outrora? Moitos aínda recordarán con nostalxia actuacións estelares como a de Mike Oldfield, Deep Purple, Oasis, Metalica, Pet Shop Boys, Leonard Cohen ou Artic Monkeys. A espera do anuncio das sete actuacións restantes, cal cres ti que será a actuación do millón de persoas?