10 plans para esta fin de semana
Non queda nada para comezar a fin de semana, neste artigo propoñemos dez plans para facer en Vigo do 27 ao 30 de abril. Música, teatro e mercados entre outras cousas. Pero hai moitísima máis actividade, se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida!
Unha edición que continúa fiel ao selo de identidade deste certame, que destaca por presentar retrospectivas de cineastas de culto internacionais e redescubrir e reivindicar outros moitos nomes esquecidos ou amplamente descoñecidos. Na programación atopamos, un ano máis, unha escolma de documental internacional contemporáneo, sen perder de vista o máis representativo do cinema producido en Galicia durante o último ano. Unha das actividades estrela é o concerto de Jota, de Los Planetas, musicalizando en directo a obra do cineasta Iván Zulueta.
Concerto de Toundra – Venres 28 ás 21:30 en La Fábrica de Chocolate (desde 15€)
Concerto da banda de post-metal e stoner Toundra para presentar o seu novo disco Hex, onde o grupo recupera e remodela enfoques estéticos antes explorados nos seus discos IV e Vortex (2015 e 2018, respectivamente), á vez que se explora novos recursos de suntuosidade art-rockeira.
Concerto de The Buttshakers – Venres 28 ás 22:00 na Sala Rouge (desde 15€)
Liderados pola voz cautivadora, a enerxía sedutora, carismática e rebelde de Ciara Thompson (St. Louis, USA), The Buttshakers consolidáronse como unha das bandas de soul máis importantes de Europa. A súa música, cualificada pola propia Ciara como “Raw Soul”, afonda nos grooves dos ritmos de blues adictivos que tanto lles gustan, sen deixar atrás o rhythm’n’blues, o rock, o garage… e todo iso unido a unha aguda doses de sex appeal fan que as súas cancións sexan grandes éxitos, convertendo os seus espectáculos en pistas de baile salvaxes. Este concerto pertence ao ciclo Máis que Blues.
The Agapornis – Venres 28 ás 22:00 Sala Kominsky (desde 8€)
Big band formada por nove músicos gaditanos amantes do funk e o soul. The Agapornis fundouse en 2008 coa intención de reivindicar sons actuais tamizados pola cultura soul e deep funk. Contan con dous LP: o seu primeiro álbum, Roll Out (2014), canaliza ese espírito de música negra axuntando xogos vocais e unha hipérbole de matices sonoros. En 2017 presentan o seu segundo traballo Attitude, un disco con moito deep funk.
Inauguración do Concurso Internacional de Piano – Venres 28 ás 22:30 no Auditorio Martín Códax (10€)
James Rhodes será o encargado de presentar o concerto e acto Inaugural do VII Concurso Internacional de Piano Ciudad de Vigo (edición Vladimir Horowitz). O concurso de piano de Vigo, en tan só 6 anos, consolidouse como un dos máis prestixiosos certames españois, superando este ano de novo o centenar de rexistrados de máis de 30 países, cun total de máis de 1200 pianistas rexistrados de 90 países desde a primeira edición. O concurso exténdese ata o martes 2 de maio.
Festival de Danza Vigo Porté – Do venres 28 ao domingo 30 no Mar de Vigo (desde 10€)
Durante os días 28, 29 e 30 de abril e 1 de maio o Auditorio Mar de Vigo acollerá a celebración da terceira edición do Trofeo de Baile Internacional “Vigo Xacobeo” nas diferentes categorías: Mini, Infantil, Junior e Absoluta e coas seguintes disciplinas: Clásico, Folclore, Fusión, Lírico, Musicais + BSO e Urbano.
Últimos días do Festival Creativa – Do xoves 27 ao xoves 4 de maio en varios locais (de balde)
Coa escusa de que o día 21 de abril é o Día internacional da Creatividade e o día 27 o Día Internacional do Deseño nace Creativa, un festival gratuíto impulsado pola revista Dot e a Galería Maraca que, co principal apoio de Cervezas Alhambra, unifica creatividade e cultura nun evento que pretende achegar a cultura a novos públicos, expandindo os seus límites, tanto espaciais como conceptuais. Algunhas das actividades máis destacadas son as charlas maraca polo Día do Deseño, a expo Videoclup 92, a presentación do libro de Javirroyo e a proxección de Bienvenido Mr. Banksy.
Obra de teatro Merenda con pan de millo – Sábado 29 e domingo 30 ás 18:00 en Sala Ártika (desde 8€)
Espectáculo de pequeno formato (máximo 150 persoas) baseado no Libro-disco Pan de millo, editado pola Editorial Kalandraka e coa produción musical a cargo de Paulo Nogueira e Magoia Bodega, do grupo Treixadura. Nel combínanse cancións e narración oral, co proceso de elaboración do pan de millo como fío condutor.
Concerto Faneka – Sábado 29 ás 21:30 en La Pecera (desde 6€)
Faneka son a revelación máis sorprendente e máxica do aparecido no noso país nos últimos tempos. Este grupo formado por Inés, guitarra e voz, Anika, violín e voces, Bruna violoncelo e voces e Miriam percusión orgánica e voces, levan traballando xuntas dous anos, autopublicando a súa música, como acertadamente definiu un xornalista, “desde as profundidades do océano do folk” e lograron conquistar a mente, os corazóns e os oídos dun público fiel que as ama e admira. Este concerto forma parte do ciclo de Girando Por Salas (GPS).
Jay-Jay Johanson – Domingo 30 ás 20:30 na Sala Masterclub (24€)
Con 13 discos no seu haber e un novo single lanzado en novembro –Labyrinth– o crooner sueco presenta a súa mellor versión para concertos imperdibles en Lisboa, Porto, Vigo e Coimbra. Será un concerto cunha elegante fusión de trip-hop, jazz e electrónica que envolve ao público nunha atmósfera única. Na música de Jay-Jay destacan a sobriedade e calidez da súa voz, o bo gusto e a discreción nos arranxos, e o carácter case atemporal das súas composicións.