REVISTA ABRIL

Faneka

29abr21:30FanekaCONCERTOS | Desde 6,00€21:30(GMT+02:00) La Pecera

Detalles do eventos

Faneka son a revelación máis sorprendente e máxica do aparecido no noso país nos últimos tempos. Este grupo formado por Inés, Guitarra e Voz, Anika, Violín e Voces, Bruna Violoncelo e Voces e Miriam Percusión Orgánica e Voces, levan traballando xuntas dous anos, autopublicando a súa música, como acertadamente definiu un xornalista, “desde as profundidades do océano do folk” e lograron conquistar a mente, os corazóns e os oídos dun público fiel que as ama e admira.

Agora comezando a primavera deste 2022 Faneka preséntannos o seu segundo e novo álbum; “Caliú”, unha deliciosa colección de cancións onde a banda mergúllanos no seu mundo onírico e fascinante, onde as súas melodías de “conto de fadas” conviven co violín e o violoncelo e xuntos abrazan unhas voces xurdidas desde o máis profundo dun bosque encantado para trasladarnos a un mundo máis harmónico, máis apracible e afastado de artificios e materialismos. “Caliú” contine dez temas compostos e arranxados por Faneka máis unha marabillosa versión do clásico de 2004 de Tom Waits, “Green Grass” e publícase nos formatos habituais de Metais Preciosos Musica & Discos, CD, Vinilo+CD & Álbum dixital.

Faneka: unha música que cura e sanda a alma, exactamente o que necesitamos despois destes dous anos de escuridade e temor.

O sábado 29 de abril ás 21:30 horas en La Pecera. Entradas aquí.

Máis

Hora

(Sábado) 21:30(GMT+02:00)

Localización

La Pecera

Rúa de Pizarro, 35, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events