VIALIA
PLAYDOC

Proxeccións, obradoiro de escrita creativa e faladoiros no Centro de Documentación e Recursos Feministas

O Servizo de Igualdade do Concello de Vigo vén de publicar o programa de actividades que se desenvolverá entre abril e xullo presencialmente no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo, situado no segundo andar da Biblioteca Pública Juan Compañel.

A cineasta viguesa Noemi Chantada | P. Vázquez

O Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo é un servizo de xestión de información, documentación e materiais de traballo sobre muller, xénero e igualdade dirixido ao público en xeral ou a persoal especializado e interesado nas citadas temáticas. Servizos: consulta en sala, préstamo a domicilio, asesoramento documental, actividades de extensión cultural, etc.

O Centro acollerá clubes de lectura, faladoiros, proxeccións, obradoiros de escrita creativa feminista e presentación de libros. Todas as actividades son gratuítas e só é preciso inscribirse para asistir aos clubes de lectura e o obradoiro de escrita creativa. A inscrición realízase cubrindo a ficha dispoñible na web de Igualdade Vigo e enviándoa a  centro.documentacion.feminista@vigo.org.

Para calquera dúbida en relación coa programación pódese contactar co Centro de Documentación Feminista no seguinte horario: luns e venres, de 10:30-13:30, e de martes a xoves, de 16:00-20:30. Teléfono: 986 436 441

Silvia Penas | P. Vázquez

PRESENTACIÓNS DE LIBROS

Xoves, 2 de maio, 19:00 – Retratos de vodas, partos e funerais (Galaxia, 2023) de Silvia Penas

Mércores, 22 de maio, 19:00 – Abonda con vivir: Luisa Villalta (Xerais, 2024) de Montse Dopico

Martes, 4 de xuño, 19:00 – O teu perfil na miña sombra (Galaxia, 2024) de Rexina Vega

CAFÉS LITERARIOS: CLUB DE LECTURA*
De 18:00 a 20:00

Mércores 24 abril – Cristina García Parga sobre Carrusel, de Berta Dávila

Martes 28 maio – Cristal Méndez Queizán sobre Crónicas marcianas de Ray Bradbury

Mércores 26 xuño – Lola Varela sobre El lunes nos querrán de Najat el Hachmi

FALADOIROS

Martes, 7 de maio, 19:00 – Proxección da curtametraxe documental La mujer invisible (Curtametraxe, 2017 / 15 ́) e faladoiro ca directora Noemi Chantada.

Xoves, 30 de maio, 19:00 – A identidade dixital: unha visión en feminino de Edita de Lorenzo Rodríguez, Doutora pola Universidade de Vigo na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación

Martes, 11 de xuño, 19:00 – Mediciña da diferenza de Rosana Izquierdo, Doutora no Sergas no Grupo de traballo de Violencia de Xénero da Agamfec

REVISTA MAIO

INICIACIÓN Á ESCRITA CREATIVA*
Imparte: Graciela Baquero

Xoves 6, 13, 20, 27 xuño – 18:00 a 20:00
Obradoiro de iniciación á escrita no que se impartirán técnicas e ferramentas da escrita creativa, centrado nas emocións e os conflitos de personaxes e apoiadas en lecturas de escritoras. No transcurso das sesións realizaranse exercicios como práctica do aprendido.

*Cómpre inscrición previa