Peppa Pig, Ben e Holly e Rock en Familia chegan a Castrelos
Quen dixo que os concertos son só para os maiores? Hoxe anunciáronse as novas confirmacións para os concertos de Castrelos: Rock en familia o 3 de agosto e Os mundos de Peppa Pig e Ben e Holly o 7 de agosto, ambos ás 20:00 e de balde.
Engádense dúas actuacións máis en Castrelos dirixidas aos nenos e nenas, ademais da xa anunciada dos Cantajuegos, o 4 de agosto: Rock en Familia, o 3 de agosto, formada por tres bandas tributo, e Os Mundos de Peppa Pig e Ben e Holly, o 7 de agosto, show de dúas das series infantís con máis éxito. En lugar de ser ás 22:30 ou 23:00 como o resto de concertos no Auditorio, a hora de inicio adiántase ás 20:00, para que todo o mundo poida acudir.
O espectáculo de Rock en Familia consistirá na actuación de tres bandas tributo, coa intención de achegar aos máis novos a este xénero músical, cada vez máis alleo a eles. As bandas serán Arma Joven (tributo a Bon Jovi), Ramoñas (tributo aos Ramones) e os Bruce Brothers (tributo a Bruce Springsteen). Tres bandas con estilos diferentes que procuran abrir novos horizontes nos gustos da xuventude. Co show de Peppa Pig e Ben e Holly, os cativos poderán ver en carne e óso aos seus personaxes televisivos favoritos, cos que poderán cantar e bailar.
Ao igual que no concerto de Cantajuegos, o acceso a todo o recinto será de balde, tanto nas gradas como no foso. Con estas tres actuacións os pequenos da casa poderán gozar co programa de Vigo en Festas igual que os maiores.