REVISTA ABRIL

Viva Suecia, Depedro e Nikone chegan en marzo da man de Escenarios Vibra Mahou

Escenarios Vibra Mahou volve este marzo para traer a Galicia artistas de primeiro nivel. No caso de Vigo, teremos os concertos de Viva Suecia o 9 na Sala Rouge, Depedro o 14 na Sinatra e Nikone o 21 na Island.

REVISTA ABRIL

Mahou segue traer aos mellores artistas nacionais a terras galegas e viguesas. Se o ano pasado trouxo cos seus Escenarios Mahou a Morgan, Iván Ferreiro, Zahara, Maika Makovski, Ricardo Lezón, Anni B. Sweet, Sidonie, Full e Rayden, este mes de marzo sorprenden con Viva Suecia, Depedro e Nikone. As entradas pódelas mercar nesta ligazón por 14,50€.

O primeiro concerto será o da banda de rock alternativo Viva Suecia na Sala Rouge, no que continuarán presentando o seu último traballo Otros Principios Fundamentales. Tras eles virá o madrileño Depedro, que actuará o xoves 14 no Sinatra Coctel Bar. No seu último disco, Todo va a salir bien, puidémolo ver acompañado doutros grandes nomes como Coque Malla, Fuel Fandango, Luz Casal, Santiago Auserón, Vetusta Morla ou Izal. Por último, o ecléctico Nikone traerá o xoves 21 á Sala Island o fenómeno Biribibae, con ritmos que beben do rap, do reggae, do pop e da electrónica. Todos os concertos serán a partir das 21:30 e para persoas maiores de idade.

No resto de Galicia actuarán Zahara (o 7 en Santiago), Shinova e Nunatak (o 15 na Coruña), Xoel López (o 17 en Lugo), Carlos Sadness (o 22 en Boiro), Zetazen (o 28 na Coruña) e Second (o 29 en Pontevedra). Outro dos atractivos deste ciclo de concertos é que as actuacións son en recintos con aforos moito máis reducidos dos que acostuman tocar estes artistas, polo que supón unha experiencia diferente e única.