REVISTA MARZO

Rock e soul da man de Little Steven para estrear Castrelos

Este xoves 12 de xullo Little Steven estrea unha nova tempada de concertos no Auditorio de Castrelos. O carismático guitarrista da E Street Band de Bruce Springsteen vén á nosa cidade coa súa banda The Disciples of Soul, formada por máis de 10 membros.

Little Steven nun dos seus shows.

Rock n roll e soul para comezar con bo pé o programa de Vigo en Festas, que este ano arranca este xoves 12 co concerto de Steven Van Zandt, máis coñecido como Little Steven. Virá acompañado pola súa banda, The Disciples of Soul, no 2018 Soulfire Tour, que o levará por máis lugares da xeografía europea como Hamburgo, Roma ou Londres.

Steven saltou a fama nos 70 tras colaborar con Bruce Springsteen no seu mítico disco Born to Run, tras o cal incorporouse de forma definitiva á súa banda. Con Bruce saca 3 discos máis (entre eles The River e Born in the USA) ata o 1984, cando deixa a banda para centrarse na súa carreira en solitario. Coa súa banda The Disciples of Soul saca 5 discos e un recopilatorio, ata que volta ás ordes de Springsteen en 1995. Desde esas, a discografía do cantante de Nova Jersei aumentou con varios discos de estudo, en directo e recopilatorios. Entre medias, deulle tempo a sacar o disco Nobody Loves and Leaves Alive en 1999 coa súa banda de garage rock The Lost Boys.

Banner A Movidiña

Ademais de pola súa música e da súa perenne bandana, Steven tamén é famoso por dirixir e presentar un programa de radio desde hai xa 16 anos, o Little Steven’s Underground Garage, que se pode escoitar en moitas emisoras do mundo, entre elas na española Rock FM. Tamén deu os seus primeiros pasos como actor na famosa serie da HBO Los Soprano, interpretando a Silvio Dante, e protagonizando a serie noruego-americana Lilyhammer desde 2012.

Na actualidade, Little Steven compaxina a súa labor de guitarrista e mandolinista na E Street Band coa súa carreira en solitario, na que exerce de cantante e guitarrista. Ao longo dos anos, este ecléctico músico foi probando diferentes estilos e xéneros nos seus traballos, polo que de seguro veremos un concerto do máis variado.

Podes informarte sobre os demáis concertos de Castrelos neste link.