Pepe Fernández
Tres décadas de experiencia avalan o labor deste estudio creativo composto por Pepe Fernández e Guadalupe Hernández, formados en Belas Artes en Salamanca. Nun mundo tan cambiante como o do deseño gráfico, este tándem pode presumir de ir evolucionando consonte o sector, en adaptación constante.

A oferta de servizos é ben ampla: cartelería, catálogos, creación e posicionamento de páxinas web, folletos, fotografía, packaging, imaxe corporativa, invitacións de voda, portadas de libros, publicidade, vídeo… En resumo, e nas súas propias palabras: «Puro deseño gráfico». Hoxe en día, cando todo o que nos chega a través das pantallas é efémero, nun consumo usar e tirar, Pepe e Guadalupe avogan polo traballo a lume manso, ese que deixa pouso no tempo.
Ambos os dous deseñadores teñen un estilo de seu, pero saben adaptarse, baixo os límites propios da estética, ás peticións da clientela. A experiencia fainos ser selectivos á hora de asumir o traballo, para se entregar aos proxectos cun sentimento de forte afinidade.

Rúa do Couto de San Honorato, 92 Baixo | 986 49 33 30 | info@pepefernandez.es | pepefernandez.es
Pablo Vázquez
Últimos posts de Pablo Vázquez (ver todos)
- Editorial Galaxia: 75 anos creando porvir para a literatura e a cultura galega - 13 Maio, 2025
- Sementar e recoller tradición - 1 Maio, 2025
- Fernando Castro Paredes gaña o Premio Galaxia de Novela 75 Anos coa súa obra ‘O lanzador de coitelos’ - 23 Abril, 2025
- Galerías Fetén, moda singular no corazón da cidade - 9 Abril, 2025
- Veciñanzas: As Travesas - 25 Marzo, 2025