ARRIBADA

Pedro Rodríguez Villar: “Podemos ser felices vivindo dacordo ás mensaxes uniformes que pensaron uns publicistas?”

Pedro Rodríguez Villar (Nigrán, 1996) defínese coma o neto de Lano, un home de mar que non sabe ler nin escribir e que conta as mellores historias do mundo. Del, e tamén do seu Nigrán natal, beben as súas historias. Alén da Néboa, coa que gañou o Premio Xuventude Crea en 2023 de Novela Curta, é unha obra distópica, e moi realista á vez, que nos fai pensar na felicidade obrigada e o Mr Wonderful. Rodríguez Villar vive entre o xornalismo, o teatro, o cinema e os libros, e conta con outra novela publicada, O amor das pedras (2021).

Pedro Rodríguez Villar | Foto: Eva Lago

Hai moito do meu avó, si. Tamén hai outro tanto dos meus pais. Teño a sorte de terme criado nunha familia que me ensinou a descubrir mundo lendo e vendo cinema. Ademais, as historias e a imaxinación son amigas de sempre. Sempre desexei marchar do meu mundo a outros e escribir é das mellores formas que atopei.

O bo de ir facendo camiño con premios é que van dando argumentos para combatir as pantasmas de autodio e autoesixencia que temos moitos creadores. Dis, ostra, a esta xentiña gustoulle a miña historia e iso é unha pasada. Que pase iso coa miña primeira novela é algo moi chulo. Ademais, tamén teño que agradecer ao Xuventude Crea que me abrira as portas da Editorial Xerais. Foi desas cousas da vida que resumes cun todo ben.

Son un creador, creo, moi espontáneo. Escribo sen planificar moito. As historias saen de min de xeito natural e gústame moito sentir que coa narrativa son libre. Penso que, por iso, en Alén da Néboa todas as personaxes son propias do noso mundo. É certo que Baroña é un lugar diferente, que ten as súas propias normas, pero os sentimentos desas personaxes son os nosos. Os de calquera humano. Ao final, a miña novela é unha historia de amor e de aceptar a nosa tristeza e a felicidade. Isto é exactamente o que quería transmitir.

As historias saen de min de xeito natural e gústame moito sentir que coa narrativa son libre.

Pode que si. Nunca fun moi fan desas mensaxes. Buscar a felicidade é algo que, persoalmente, faime sentir moitas veces triste. Creo que nos pasa a moitos. Ás veces penso que nos sentimos ben ou mal en base a unha construción social e iso é algo terriblemente inxusto. Alén da Néboa fala de doenzas que, dunha maneira máis ou menos intensa, temos todos algunha. Fala do camiño dunha serie de persoas para tratar de ser felices e para atopar o seu oquiño no mundo, algo profundamente humano. Volvendo ao de Mr.Wonderful: podemos ser felices vivindo dacordo ás mensaxes uniformes que pensaron uns publicistas? Eu creo que a felicidade dunha persoa depende máis do proceso dun para aceptala.

Si! Quizais esa sexa parte da esencia do libro. Non eleximos o que sentimos e, moitas veces, a frustración, a tristeza e, en definitiva, a dor veñen da man de non aceptar os nosos sentimentos. Este libro tamén vai de aceptar o “son un desastre” e o “estou triste e non sei por que” que penso que sentimos en moitos momento da vida. Eu o primeiro.

Este libro tamén vai de aceptar o “son un desastre” e o “estou triste e non sei por que”

Están aí porque son autores que me gustan moito. Tampouco tiña a intención de facerlles unha homenaxe. Eu non son ninguén para iso! Si que me gustaba abordar coa idea do que pasaría se algunha das grandes obras da nosa literatura chegara a unha sociedade radicalmente oposta. A resposta que penso que dou no libro é que a literatura une persoas e sociedades porque conta emocións.

Si, a miña literatura, e creo que me pasa máis cando escribo poesía, bebe directamente das miñas referencias. Adoro a natureza. É o meu refuxio. Moitas veces a literatura tamén o é. Por iso van moi da man. Ao final, creo que é imposible non encher unha obra literaria da propia forma de entender o mundo do autor.

Si, quizais teño esa bagaxe romántica no meu subconsciente, pero este libro non conta con esa intención directa. Escribo sobre cousas que me doen a min e aos meus. Creo que o bonito da literatura, como dicía antes, é que ten a capacidade de dar vida a emocións. Esas inxustizas polas que preguntas xeran cousas que nos unen. Ao final, son dramas humanos que, moitas veces, na velocidade da sociedade actual non somos quen de sentir e analizar. Ler e escribir teñen a pausa necesaria para entender e sufrir tamén estás inxustizas. Empatizar e sentir esas emocións é moi necesario para poder cambiar o mundo. Non poderíamos entender os grandes cambios da humanidade sen as emocións e a literatura o que fai é conectarnos con elas.

Pois moi bonito. O máis chulo disto é sentir que o teu libro pasa a ser de todos. Mola ver que está sendo reescrito e reimaxinado nas persoas que o len. É unha pasada. Teño a mágoa de non estar tendo o tempo suficiente para adicar máis horas a facer presentacións e compartir ideas sobre Alén da Néboa, pero para iso nunca é tarde. Só podo estar agradecido a xente que decidiu invertir o seu tempo no libro que imaxinei eu só paseando entre bibliotecas (que xusto é onde máis me gusta escribir narrativa).

Si! Estou cunha novela a voltas e tamén estou coa escrita de dúas obras de teatro. O problema é que o xornalismo e o meu grupo de teatro non me están deixando moito tempo nin espazo mental para escribir. De feito, ando algo frustrado por non atopar esas horas nas que poder escribir o que imaxino. Ao final, contar estás historias é algo co que podo voar e, claro, cando non podes facelo tanto como che gustaría, fastidia. Aínda así moitas máis virán porque, por sorte, saen soas de min.

Non hai un libro concreto. Hai unha chea de contos que lía de neno, pero penso que me vou quedar coa obra de Ibáñez. Son unha persoa á que lle custa moito durmir. Os medos aliméntanse moito da miña imaxinación as noites e Mortadelo y Filemón sempre me axudaron a botalos fóra.

Agora mesmo, tamén porque ando moi xusto de tempo libro, estou a ler moita fantasía. Preciso libros que me fagan voar a outros mundos e con este xénero marcho por completo de aquí. Xusto agora acabo de rematar a triloxía do Asasino Real de Robin Hoob. Moi chula.

Tensi Gesteira
@lecturafilia