Pedro Méndez (Trepia Gastronomía): ‘Agora temos dous restaurantes nun’
En Vigo temos un bar para cada 210 habitantes, un dos ratios máis altos da península e só hai que pasear polo centro nun día de sol para constatar o que todos sabemos: gústanos xuntarnos arredor dunha mesa e quen máis quen menos bota de menos que o sorprendan no seu restaurante favorito. E os hostaleiros, botarannos de menos a nós? Trepia reabriu como local con servicio a domicilio o día 4 de abril, o primeiro que a lei o permitía, despois de levar dous meses tomándose moi en serio aquilo de ‘reinventarse ou morrer’ para garantir o seu éxito á volta. Falamos con Pedro Méndez, un dos socios de Trepia Gastronomía que nos explica as novidades coas que espera seguir conquistando padales nesta nova etapa.
Que tipo de cociña ofrecedes en Trepia?
Facemos o que queremos. Moitos dos nosos pratos teñen como base a cociña galega, pero sempre nos gusta experimentar. A nosa proposta é bastante cambiante e non temos un estilo nin un prato que nos poida definir. De feito, a partir de agora traballaremos un concepto bastante distinto.
Como vos afectou a pandemia?
Moito. Plantexámonos abrir nun primeiro momento, pero a nosa cociña non é para levar nun táper
Sen embargo agora mesmo si que ofreces cociña a domicilio. Que cambiou?
Pois que adaptámonos ás novas circunstancias de dous xeitos: facendo cambios na carta, incorporando pratos aptos para o reparto e abrindo unha nova marca, BaoVigoBar. Esta última é a nosa maior aposta para os vindeiros tempos, unha carta composta únicamente de pan baos, pero que elaboramos na propia cociña do Trepia. Poderíamos dicir que agora temos dous restaurantes nun. Outra das novidades é que pedimos permiso ao Concello para montar unha terraza e contamos con ter dúas mesiñas.
Continuaredes cos baos unha vez normalizada a situación dos restaurantes?
Sen dúbida. Probablemente centrado no reparto a domicilio.
Que cambios incorporastes no voso xeito de traballar?
Prácticamente ningún. A nosa forma de traballar xa incluía todas estas ‘novas’ medidas de hixiene, polo que non nos supón unha adaptación. De feito, sorpréndeme que algúns restaurantes se queixen de ter que limpar ou desinfectar os espazos de traballo. Paréme básico nunha cociña nesta época e en calquera outra.
Botadesen falta apoios ou información á hora de volver ao traballo?
Si, o lío informativo é total. Tamos dúbidas constantemente sobre se podemos ou non facer algo ou se recibiremos ou non algunha axuda económica do Goberno. Nin as asesorías se poñen dacordo.
Como viviremos o ocio e gastronomía en Vigo nos próximos meses?
Vai ser complicado. Eu creo que tardaremos en abrir ao público e seguiremos servindo comida a domicilio durante bastante tempo. Non creo que apeteza vir a un restaurante para ver aos teus amigos a dous metros ou detrás dun cristal.
Esta entrevista forma parte da serie #HistoriasDaDesescalada, un retrato por fascículos sobre como a cidade de Vigo esperta na ‘nova normalidade’ no que aportaremos os puntos de vista dos diferentes actores culturais, desde artistas a axitadores, sen esquecer as salas e a todos aqueles que, dun xeito ou outro, fan a súa achega diaria ao ecosistema cultural vigués.
Paula Cermeño
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- Turmalina: ‘brunch’ á brasileira - 17 Setembro, 2024
- ‘Terminator’, ‘A Nightmare on Elm Street’ e Pequefreak na primeira fin de semana do GFFF - 17 Setembro, 2024
- O GFFF quece motores cunha Batalla de Programadores e un Trivia Freak esta semana - 10 Setembro, 2024
- Extraescolares a calquera idade - 29 Agosto, 2024
- The Wild Fest, TerraCeo, Meu Fest e festas en Zamáns para pechar o mes de agosto - 28 Agosto, 2024