O ciclo Outono Lírico programa nove actuacións

Aínda que poida sorprender, Vigo gozou de gran tradición operística durante o século XIX. De aquí saían barcos nos que as mellores compañías españolas e italianas partían para ir facer as Américas; non sen antes deleitar o público vigués. En 1958, Camilo Veiga quixo poñer de relevo esta tradición e creou a Asociación Amigos de la Ópera e, con ela, un primeiro festival, que tivo continuidade e acadou moitísimo éxito, contando coa participación de artistas do talle de Alfredo Kraus. Despois duns anos de decadencia na década dos noventa, a asociación rexurdiu no ano 2005, e no En 2011 a asociación puxo en marcha o Outono Lírico, un ciclo de concertos que aparece recollido na prestixiosa revista británica Opera, canda a programación de espazos tan consagrados a nivel estatal como o Liceo de Barcelona ou o Teatro Real de Madrid. A undécima edición deste ciclo está composta por un total de nove eventos que se desenvolven nos meses de outubro e novembro. O máis destacado do programa é Falsfatt, a derradeira ópera de Giuseppe Verdi que, por primeira vez desde a estrea en 1893 na Scala de Milán, se interpreta o 30 de outubro; nesta sorte de concerto semi-escenificado, participa un elenco enteiramente estatal xunto a Orquestra Vigo 430 e o Coro de Cámara Rías Baixas. Pero antes, Maribel Ortega fai un repaso da presenza feminina na obra de Richard Wagner co concerto Wagner. Mujeres y diosas o sábado 1. O sábado 15, o tenor venezolano Aquilés Machado ofrece o recital Huellas, que ten como protagonista a canción iberoamericana de compositores como Modesta Bor, María Grever ou López Buchardo. O concerto Novas voces, as proxeccións de Campanadas a medianoche (Orson Welles, 1965), a ópera La vida breve de Manuel de Falla e o habitual ciclo de conferencias complementan a oferta lírica outonal.
Últimos posts de Tamara Novoa (ver todos)
- Lucía Taboada: «Abundan as entrevistas con xornalistas dóciles de máis» - 11 Setembro, 2023
- Vladimir Gudelj: «Se algo define o Celta é a capacidade de sufrimento» - 21 Agosto, 2023
- Toño López: «A música podería ser un selo identificador de Vigo» - 23 Xuño, 2023
- A artista viguesa Vanesa Álvarez conquista Nova York cun mural de 2.000 metros - 26 Maio, 2023
- Fillas de Cassandra: «É o momento da música en galego» - 26 Maio, 2023