CAMELIAS MASCOTAS

Os Multicines Norte albergan estes días a Semana do Cine Xaponés

Do martes 12 ao xoves 14 terá lugar nos Multicines Norte a Semana do Cine Xaponés de Vigo, tres días nos que poderemos ver en diferentes sesións e en VOSE as películas Mi Vecino Totoro, Despedidas e Ikiru.

Que os Multicines Norte son os cines máis dinámicos e interesantes da cidade non é algo novo. Neste caso, esta semana traen a II Semana do Cine Xaponés de Vigo, coa colaboración de MARU e o Departamento de Xaponés da Escola Oficial de Idiomas. O ciclo ofrécenos tres grandes obras do cine nipón, demostrando a súa variedade de estilos e a súa riqueza ao longo da historia.

Todos os filmes proxectaranse en versión orixinal con subtítulos en castelán, e contaremos coa presenza do Cine Club Sunset Boulevard que dará unha charla antes da proxección de cada primeira sesión. O prezo por sesión será de 6,10€, agás para os estudantes da EOI, que terá un custo de 4,10€.

REVISTA NOVEMBRO

Comezamos por Ikiru (1952), unha das obras máis salientables do lendario director xaponés Akira Kurosawa. Trátase dunha profunda reflexión sobre a vida e a morte na que Kanji Watanabe é un vello funcionario público que arrastra unha vida monótona e gris, ata que un día diagnostícanlle un cancro incurable e xorde nel a necesidade de buscarlle un sentido á vida. Poderemos ver o filme de Kurosawa o martes ás 17:30, o mércores ás 22:00 e o xoves ás 19:50.

O seguinte filme do ciclo será Despedidas (2008), de Yojiro Takita. Fai unha década foi galardoada co Oscar á Mellor Película de fala non inglesa. O protagonismo da obra recae en Daigo Kobayashi, antigo violoncelista dunha orquestra que se acaba de disolver, que acaba vagando polas rúas sen traballo e sen demasiada esperanza. Finalmente, consegue un emprego como enterrador na súa cidade natal, onde descubrirá neste ritual de morte a faísca vital que lle faltaba á súa propia vida. Poderemos vela o martes ás 20:10, o mércores ás 17:30 e o xoves as 22:20.

Por último, visitaremos as paisaxes cheas de fantasía e beleza de Hayao Miyazaki con Mi Vecino Totoro (1988), un dos clásicos da animación xaponesa e mundial. O filme preséntanos a dúas irmás que se mudan ao campo nos anos 50. O seu pai, un profesor universitario, estimula a imaxinación das súas fillas relatándolles fábulas e historias máxicas sobre trasgos, pantasmas e espíritos protectores dos fogares, mentres a nai atópase enferma no hospital. Ata que se atopan, e fanse amigas, de Totoro, un espírito do bosque. Proxectarase o martes ás 22:30, o mércores ás 20:10 e o xoves ás 17:40.

(GMT+01:00) Multicines Norte

(GMT+01:00) Multicines Norte

(GMT+01:00) Multicines Norte

(GMT+01:00) Multicines Norte

(GMT+01:00) Multicines Norte

(GMT+01:00) Multicines Norte

(GMT+01:00) Multicines Norte

(GMT+01:00) Multicines Norte

(GMT+01:00) Multicines Norte