VIALIA
bannerPicnicSesions

Este mes comeza un novo Ciclo de Artes nos Multicines Norte

Desde o próximo 15 de xaneiro e ata xuño teremos nos Multicines Norte un novo Ciclo de Artes, no que poderemos visualizar documentais sobre algúns dos artistas máis importantes da historia da arte, como son Picasso, Monet, Caravaggio, Van Gogh ou Bernini.

Cartel de ‘Hitler vs Picasso’, un dos documentais a proxectar no Ciclo

Ademais de ser o único cine da cidade que aposta polo cine independente e pola versión orixinal, os Multicines Norte comezan este 15 de xaneiro un novo Ciclo de Artes, formado por 8 documentais que seguro farán as delicias dos amantes da pintura, da escultura e da súa historia. En principio cada filme contará con dous pases, ás 17:40 e ás 20:10, aínda que os horarios están suxeitos a cambios. O prezo será de 6,50€ por película. 

A primeira película será Los nenúfares de Monet, de Gianni Troilo, que ofrecerá unha viaxe a través das obras e obsesións persoais do xenio do Impresionismo. O filme descóbrenos como Claude Monet conseguiu superar a depresión que lle apartou temporalmente da pintura, para finalmente emerxer do seu ostracismo artístico. Un rexurdir que lle levaría a entregarse en corpo e alma á súa obra máis colosal: La Grand Décoration. Do 15 ao 27 de xaneiro.

O outro documental que poderemeos ver este mes é Caravaggio, en cuerpo y alma, Un emocionante e inquietante viaxe cinematográfica a través da vida, o traballo e os tormentos de Caravaggio. A luz e a sombra, os contrastes e as contradicións, o xenio e a intemperancia distinguen a súa existencia e a súa arte. Un percorrido narrativo e visual filmado en 8 K en Milán, Florencia, Roma, Nápoles e Malta. Do 24 de xaneiro ao 10 de febreiro.

En febreiro teremos Hitler vs Picasso, un interesante documental no que o actor Toni Servillo presenta catro exposicións que revelan a escura obsesión de Hitler pola arte e o seu roubo sistemático dos tesouros máis grandes da cultura europea, nunha cruzada artística na que se saquearon máis de 600.000 obras artísticas. Do 7 ao 24 de febreiro.

A seguinte obra será Bernini, un documental de Francesco Invernizzi, no que poderemos observar a maestría do escultor italiano á hora de plasmar tensión e drama na pedra.  Ningún artista definiu a Roma do século XVII mellor que Gian Lorenzo Bernini, traballando baixo nove papas e deixando unha pegada indeleble na cidade eterna. Do 14 de febreiro ao 10 de marzo.

A finais de febreiro chega Van Gogh de los campos de trigo bajo cielos nublados, unha nova visión de Van Gogh a través da herdanza do maior coleccionista privado da obra do artista holandés: Helene Kröller-Müller (1869-1939). Narra a historia da unión espiritual entre dúas persoas que nunca se atoparon durante a súa vida pero comparten a mesma atracción polo absoluto, a mesma inflexible e pura procura artística e a dimensión relixiosa. Do 26 de febreiro ao 17 de marzo.

REVISTA ABRIL

O seguinte filme do ciclo é Degas, pasión por la perfecciónque narra a historia da frustación e dos fracasos do autor francés ao no sentirse nunca satisfeito das súias creacións.  En 1917 e tras a súa morte, máis de 150 pezas de escultura foron atopadas no seu estudo, feitas de cera, arxila e plastilina. Das que puideron sobrevivir en boas condicións, levaron ao Museo de Fitzwilliam que é o único no Reino Unido que pode conservar estas raras e extremadamente fráxiles obras de arte. Do 26 de marzo ao 7 de abril.

O outro documental do ciclo sobre o pintor malagueño é El joven Picasso, que se centra nos primeiros anos do artista e na importancia que tiveron Málaga, Barcelona e París na súa obra.  A película explica así como este novo artista adquiriu o seu oficio, mirando detidamente dous períodos craves: os chamados períodos azul e rosa. Do 28 de abril ao 9 de maio.

Por último, en xuño chegará Klimt & Schiele: Eros y Alma, unha celebración á vida e a obra dos artistas austriacos Gustav Klimt e Egon Schiele no centenario das súas mortes. Un documental que explora a controversia das súas obras na Viena de principios do século XX. A película salienta como estes mestres foron controversiales nunha época conservadora, que non estaba lista para propostas artísticas que retrataban o erotismo, o desexo, a provocación e o prohibido.