Onde ver o Apalpador este Nadal
O ‘Papá Noel galego’ é un personaxe de grande estatura, vestido cun casaco remendado, xeralmente representado fumando en pipa e usaba boina. Nalgúns lugares, dise que a súa profesión é a de carboeiro, polo que vive nos bosques dedicado a fabricar carbón e alimentándose de prantas silvestres e xabarís. Na noite do 24 ou 31 de decembro entraba nas casas, apalpando as barrigas dos nenos e nenas para comprobar que comeran ben, no caso de non encontralos ben alimentados, déixalles unha presada de castañas.

Aínda que a personaxe forma parte da tradición precristiana dos Ancares e o Courel, existen iniciativas para recuperalo en toda Galicia. En Vigo esta labor lévaa a cabo a Coordenadora da figura do apalpador, que este ano celebra ata catro eventos dos que o xigante de barba roxa será o protagonista. Todos eles terán lugar o sábado 21. Ás 11 da mañá chegará aos barrios de O Calvario e Teis. No primeiro emprazamento estará acompañado da Escola Infantil de O Fiadeiro e un contacontos con “Codia e Miolo”. En Teis, será a agrupación de gaitas da Asociación de Veciños de Teis acompañado polo grupo de gaitas de dita asociación. Os nenos e nenas de As Pedriñas tamén terán ocasión de coñecer ao carboeiro esa memsma tarde, despois dunha ampla programación de contacontos música e circo que trascorrerá dunrante todo o día. E no Berbés, a recepción é ás 19h , nun evento no que participan unha ducia de bandas locais de música tradicional.
Paula Cermeño
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- Un novo ciclo de concertos en Castrelos busca artistas - 9 Maio, 2025
- Editorial Galaxia estréase no audiolibro con tres obras infantís - 9 Maio, 2025
- Cinco motivos para ir a Play-Doc - 2 Maio, 2025
- Diesemm, impulsando Vigo a través do deporte, a gastronomía e o emprendimento - 2 Maio, 2025
- Porto Café, café de especialidade e almorzos artesanais - 10 Abril, 2025