VIALIA
bannerPicnicSesions

Onde ver Eurovisión en Vigo

Este sábado Europe is living a celebration coa final do concurso Eurovisión. 200 millóns de expectadores pousan os ollos sobre os seus televisores cada ano nestas datas para desfrutar do espectáculo de luz, cor, purpurina e música que retransmite desde 1956 a Unión Europea de Radiodifusión.

Blanca Paloma, representante de España en Eurovisión 2023

As esperanzas dos españois este ano están postas na artista ilicitana Blanca Paloma que defenderá en Liverpool ‘Eaea’, unha canción de marcado caracter andaluz baseada no arrolo que lle cantaba a súa avoa. Aposta afastada do pop efectista eurovisivo, pero que conta co favor do “efecto Rosalía”, mesturando flamenco con base electrónica e coa que a artista intentará conseguir o que España non logra desde 1969.

Estes son os locais en Vigo onde palmear en compañía o ‘Eaea’ de Blanca Paloma:

Plaff (Rúa Oliva, 8)

Indiscutible punto de encontro dos eurofans vigueses onde ademais da final do concurso tamén podemos ver a a semifinal do xoves 11. Xabi, DJ residente no pub e organizador das festas Petardeo Pop, é un fanático do concurso que incluso se desprazou en febreiro ao Benidorm Fest para poñer música a varias das afterparties do certame.

Cóntanos que comezaron a proxectar a final en 2017 e deseguida decatáronse de que Eurovisión tiña éxito entre a clietela do local máis LGTB+ do Casco Vello. Para este sábado xa recibiron máis dun cento de chamadas para reservar cadeira, malia que só contan con 54 e a maioría das persoas que se acheguen terán que velo de pé.

Se non podes acudir este sábado, tranquilo; no Plaff celebran o festival europeo da canción durante todo o ano con festas cada tres meses nas que participan artistas que pasaron por Eurovisión. Este ano xa bailaron ao ritmo de Lucía Pérez (finalista en 2011), Anabel Conde (finalista en 1995) e a portuguesa Suzy. Podes enterarte das vindeiras no seu perfil de Instagram.

Cines Yelmo (Vialia)

Se queres ver a 67ª edición do festival europeo en pantalla grande, os cines Yelmo de Vialia e Travesía de Vigo proxectan Eurovisión este sábado ás 20:45h. As entradas xa están despoñibles na súa billeteira online, custan 7,50€ e inclúen combo mediano de bebida e flocos de millo.

El Mono Vintage (Rúa Velázquez Moreno, 37)

Outro dos bares LGTB do centro da cidade tampouco deixa pasar a oportunidade de xuntar á clientela arredor dunha cita tan popular entre o colectivo. En El Mono Vintage podemos ver tanto a semifinal desta noite, xoves 11, ás 20h, como a final do sábado 13. A vantaxe de elixir este local é que contan con cociña e que este xoves celebran de xeito excepcional o Día del € (que normalmente ocorre os luns e mércores) , con sangría, miniburgers, nachos e montaditos a 1€.

REVISTA ABRIL

En experiencia neste bar aseméllase moito a velo con amigos. Os responsables sacan o micro e comentan o programa en directo cos asistentes, que tamén poden participar apoiando ao seu favorito.

La Llorona (Ronda de Don Bosco)

Como varias seguidoras apuntaron na enquisa que realizamos en Instagram, La Llorona únese este ano ao selecto club dos bares que proxectan Eurovisión. A súa favorita está máis que clara e definen así a actuación de Blanca Paloma: “A súa voz,os seus xestos,a súa escena… fan que durante tres minutos quedes hipnotizado,tres minutos de pura maxia”.

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.