CAMELIAS MASCOTAS

O GFFF homenaxeará ao clásico de terror ‘The Shining’ na súa Edición #3

Como xa é habitual, esta mañá presentouse a nova imaxe do Galician Freaky Film Festival, unha obra de Paula Mosca e María Llauger que homenaxea ao clásico de Kubrick The Shining, que este ano cumpre 40 anos. A edición #3 do certame terá lugar do 28 ao 31 de outubro na Sala Videodrome e reforzaranse as medidas de seguridade e hixiene fronte ao coronavirus.

REVISTA NOVEMBRO

Tras estes meses de parón obrigado, os festivais galegos volven con máis forzas (e medidas sanitarias) que nunca. É o caso do GFFF, que como xa é tradición, esta mañá presentou aos pés do Dinoseto o cartel da súa nova edición, un traballo de Paulo Mosca á ilustración e de María Llauger ao deseño. Como resulta evidente, este ano o filme homenaxeado será The Shining, de Stanley Kubrick, que este ano celebra o seu 40º aniversario.

A Sala Videodrome, que se vestirá como o Hotel Overlook, contará coas máximas medidas de seguridade: capacidade máxima reducida a 40 persoas por sesión, un 80% menos que en anos anteriores; xel hidroalcohólico tanto á entrada do festival, onde tamén se tomará a temperatura, coma en diversos puntos do interior. Do mesmo xeito, será obrigatorio o uso de máscara para moverse polo recinto, que tamén estarán dispoñibles para os asistentes, establecerase a circulación única e ao rematar cada xornada, procederase a total desinfección da sala Videodrome.

No tocante ao festival, este ano recibiu unhas 400 obras, algunhas delas premiadas en prestixiosos festivais de terror. Tamén habilitarán a opción de ver as proxeccións vía streaming, para evitar aglomeracións no recinto. O GFFF é un dos eventos que máis medrou desde a súa creación hai catro anos, polo que este ano precisa de gran apoio para poder superar estes momentos tan incertos para a cultura.

The following two tabs change content below.

Pablo Vázquez

Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, é un apaixoado do cine, da música e da fotografía. É director dos documentais 'O profesor', 'The Death: el reencuentro' e 'Cuna de músicos', ademais de coautor do libro 'Son da cidade', o que lle fixo coñecer aínda máis a escena musical viguesa. Ten traballado con distintos grupos e salas da cidade, ademais de participar nos últimos anos como Xurado Novo nos festivais de cine de San Sebastián e Novos Cinemas.