COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

O Festival Terraceo volve en 2021 con 30 concertos

O Festival TerraCeo confirma a súa segunda edición, que este ano adianta a súa data de inicio a maio. Ainda que non coñecemos os nomes dos artistas que poderemos ver, desde o Auditorio Mar de Vigo adiantan que serán 30 espectáculos de músicos e mologuistas galegos, españois e do resto do mundo. Como na pasada edición, a programación terá lugar na terraza superior do Auditorio Mar de Vigo, un escenario singular con vistas á ría.

Concerto de Amaral no Festival Terraceo de 2020 | P. Cermeño

A partir do 1 de maio volven os atardeceres e sesións vermú á terraza do Auditorio Mar de Vigo, ao aire libre, nun ambiente espazoso e sen masificacións, con vistas ás Cíes e barra de bebidas e comida. Desta volta, o festival comezará varios meses antes, o 1 de maio, e se prolongará durante a primavera e o verán con máis de 30 concertos. A organización dará a coñecer o nome dos artistas nos próximos días e as entradas estarán á venda a partir da segunda semana de abril.

O formato será moi similar ao que logrou congregar en 2020 máis de 14.000 persoas entre os meses de xullo de setembro e que se convertiu, no ano da pandemia, no evento musical que máis artistas programou en España, cun aforo medio de preto do 95%. A iniciativa xurdira como un proxecto do Mar de Vigo para poder achegar música en directo á cidade nun momento cargado de restricións por motivos sanitarios.

Na pasada edición, o festival contou cun cartel no que participaron un ecléctico elenco de artistas españois, como Amaral, Rodrigo Cuevas, Don Patricio, Coque Malla, M Clan, El drogas, Love of Lesbian ou Uxía. Tamén houbo espazo para a música viguesa con bandas e solistas emerxentes, entre os que estaban Dani Costas, Xoana ou Tinta. Os nome dos artistas que participarán no Festival TerraCeo 2021 serán dados a coñecer nos próximos días e a organización asegura que, de novo, a pogramación incluirá voces e bandas diversas e dirixidas a diferentes públicos.

SONRIAS

Unha das novidades do Terraceo 2021, ademáis de ampliarse a súa duración, será a mellora na xestión electrónica das entradas. Para isto, o Auditorio participou con profesionais da cidade no desenvolvemento dun novo despacho de billetes electrónico deseñado para responder de modo eficiente á demanda de entradas, nalgúns momentos simultánea e multitudinaria, para os principais concertos do Festival. Na primeira edición de TerraCeo, as entradas para algunhas das veladas esgotáronse en menos de 5 minutos. A partir da segunda semana de abril, sairán á venda os abonos e entradas para os concertos da nova edición do Festival TerraCeo.