VIALIA
PLAYDOC

O festival Revolta do Umia agocha entradas gratuítas nas rúas de Vigo

O festival Revolta do Umia, que se celebra os días 25 e 26 de agosto no Concello de cuntis, agochou este luns entradas e descontos nos parques e rúas das principais cidades galegas.

Baixo o lema “Procura a revolta!” o festival Revolta do Umia iniciou unha campaña para celebrar o seu sexto aniversario escondendo varias entradase descontos nas rúas, prazas e paques de seis cidades e vilas galegas. Os premios van desde entradas dobres gratuítas a abonos do 50%.

REVISTA MAIO

Para atopalos, o festival publicará nas súas redes sociais varias pistas cada día. A idea é que a iniciativa dure unha semana, pero dependerá da destreza e rapidez coa que as atopen as persoas que saian á súa caza. As entradas esconderanse en Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, A Estrada e Cuntis.

O festival A Revolta do Umia é un festival musical e cultural que ten lugar os días 25 e 26 de Agosto de 2023 en Vilar de Mato (Cuntis). Concertos de Bellvitge, Pants Off, Solar Corona, Fillas de Casandra, Aphonnic, Ícaro, Xaby dj, Igloo, Eladio y los seres queridos, Mundo Prestigio, Dharmacide, Dani, Copa turbo, Gator the alligator, Ortiga, Monoulious Dop e a Duendeneta. Nas actividades paralelas o festival ten programada a proxección de curtametraxes, obradoiros, unha andaina e unha cata de catro viños coa maridaxe musical de Loita Amada.

En caso de non ser a persoa que faga o afortunado descubrimento das entradas escondidas, o festival tenas xa á venda na súa web, así como as prazas de cámping e a reserva de praza nas actividades.