Entroido, Arribada e Nada Surf esta fin de semana en Vigo
Este último fin de semana de febreiro chega cargado de variedade. Desde concertos e festas populares ata espectáculos medium e monólogos. Para máis información, preme nos títulos e, se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana en Vigo, entra na axenda de A Movida.

ENTROIDO – De venres a mércores en diferentes espazos – De balde
Os actos organizados polo Concello arrancan este venres coa entronización do Meco e o concerto Fillas de Cassandra na Porta do Sol. Outro dos eventos clave é o desfile de comparsas que se celebra o sábado e sairá ás 18:00 h de Isaac Peral para rematar en García Borbón. Os Merdeiros son os grandes protagonistas do noso carnaval e estarán polas rúas do Casco Vello o venres, o domingo e o martes. Os barrios, os centros comerciais e locais da cidade tamén acollen actividades para gozar desta festa tradicional.
A ARRIBADA – De venres a domingo en Baiona – De balde
Este evento popular que conmemora a chegada da carabela A Pinta á localidade en 1493 contará cun mercado medieval, representacións teatrais e actividades para toda a familia. O venres ás 17:00 h terá lugar no Parque de A Palma o espectáculo “Música y danza medieval” e ás 20:00h haberá unha proyección do videomapping Baiona un viaje en el tiempo na fachada da igrexa Santa María de Baiona. O sábado e domingo haberá numerosas representacións e espectáculos, entre os cales podemos destacar a representación teatral Arribada del Descubrimiento na praia Riberia o sábado ás 20:00h e, por último, o domingo haberá unha demostración de tiro con arco no Parque de A Palma.
CONCERTO ORQUESTRA VIGO 430: O CANTO DAS MUSAS – Venres ás 20:00 h na Colexiata – De balde
A Orquestra Vigo 430 converteuse nos seus xa máis de 20 anos de vida nun referente no panorama musical de Vigo e, este venres 28 de febreiro, volve ofrecer un gran concerto na Colexiata, onde interpretará o programa “O canto das musas”, centrado nas obras barrocas de Haendel e Vivaldi. Contará con dúas convidadas expertas no repertorio: a violinista Anna Uprina e a soprano Aurora Peña.
TEATRO PLAYBACK – Venres ás 20:30 h na Casa de Arriba – Caixa inversa
Teatro Playback Galicia é unha compañía de teatro improvisado que representa as historias propostas polo público. É un teatro social que xenera moita empatía, conecta ás persoas e promove o desenvolvemento humano e comunitario. Este venres ás 20:30 h, A Casa de Arriba acollerá unha das súas gran funcións.
CONCERTO NAT SIMONS – Venres ás 22:00 h en La Fábrica de Chocolate – Desde 15,00 €
A artista española de rock Nat Simons, despide a súa xira Felinas en La Fábrica de Chocolate. A finais do ano 2021, Nat Simons publicou o seu primeiro disco en castelán, Felinas, que navega por camiños do glam rock e abraiou á crítica especializada. O pasado 2024, foi o ano de consagración da artista grazas á xira e a unha nova gravación en Nashville.
ESPECTÁCULO TRASCENDIDOS – Sábado ás 17:00 h na Sede Afundación – Desde 27,50 €
Este é o espectáculo perfecto se queres volver a conectar con algún ser querido ou se queres explorar os misterios da mediumnidade e da canalización. O sábado poderás vivir unha experiencia única onde a espiritualidade se atopa coa realidade. En Transcendidos, mergullaraste no fascinante universo da mediumnidade da man de Raúl Vaquero, un dos médiums máis recoñecidos na actualidade a nivel mundial.
LA MÚSICA DE ZIMMER & WILLIAMS – Sábado ás 19:30 h no Teatro García Barbón – Desde 50,00 €
O Teatro García Barbón acollerá este sábado un concerto homenaxe a Hans Zimmer e John Williams, no que poderemos escoitar a Royal Film Concert Orchestra actuando en vivo as bandas sonoras de películas inesquecibles como Gladiator, O Rei León, Star Wars e Harry Potter.
VIGOCULTURA: O MONÓLOGO DE DAVID PERDOMO – Sábado ás 20:00 h no Auditorio Municipal – 8,00 €
O humor, a sátira, a ironía e o rock and roll son os acenos de identidade deste monologuista cunha forma irreverente e particular de facer comedia. Ademais de comediante, outras facetas de David Perdomo son as de músico e presentador de televisión.

VISITAS AO BUQUE GORCH FOCK – Domingo de 13:00 h a 17:00 h no Porto de Vigo – De balde
O actual Gorch Fock foi construído en 1958, como substituto do buque orixinal, que databa de 1933. Desde entón, este veleiro serviu como buque escola da Mariña Alemá, formando a xeracións de cadetes nas artes da navegación tradicional e moderna. Este domingo fará unha xornada de portas abertas para todos aqueles que sintan a curiosidade de botarlle unha ollada a este navío.
CONCERTO NADA SURF – Domingo ás 20:30 h no Mar de Vigo – Desde 22,00 €
Nada Surf, unha das bandas máis queridas do rock alternativo, subirá ao escenario este domingo como parte da súa xira Moon Mirror. Despois dunha destacada actuación no festival TerraCeo en 2021, o grupo regresa a Vigo para ofrecer un concerto exclusivo en Galicia, onde presentarán o seu último álbum xunto a unha selección dos seus temas máis recoñecidos.