REVISTA ABRIL

Nada Surf, segunda confirmación do Vive Nigrán

Se hai pouco anunciabamos que Ojete Calor encabezaba o festival Vive Nigrán, os estadounidenses Nada Surf súmanse ao cartel deste evento que terá lugar os días 30 de xuño e 1 de xullo no campo de fútbol de Monte Lourido. Os abonos xa están dispoñibles desde 45€.

REVISTA ABRIL
Matthew Caws e Daniel Lorca durante un concerto de Nada Surf en Vigo en 2021 | P. Vázquez

Desde Nova York volven ao sur de Galicia Nada Surf, tras o seu concerto no TerraCeo en 2021. O Vive Nigrán acolle a súa actuación o venres 30 de xuño no campo de fútbol de Monte Lourido. A banda, que conta con máis de 25 anos de traxectoria e foi aclamada por crítica e público grazas a cancións como ‘Popular’, ‘Inside of Love’ ou ‘Blonde on Blonde’, únese así á programación do festival galego, polo momento formada por Ojete Calor e eles.

Nada Surf, que estarán este verán de xira por Europa, fan escala en Nigrán para goce dos seus fans. A banda editou recentemente o seu décimo álbum de estudo, Never Not Together, que recibiu excelentes críticas e foi considerado un dos mellores traballos da banda nos últimos anos. En Vive Nigrán presentarán as súas novas cancións, ademais de repasar algúns dos seus éxitos máis coñecidos.

As entradas xa están á venda a través da web do festival. Os primeiros abonos teñen un prezo inicial de 45 € + gastos.

O madrileño Daniel Lorca é un dos fundadores de Nada Surf | P. Vázquez